Eliminan os requisitos de titulación a unha xefatura de servizo, que queda agora para "xeral/especial/estatutario sergas". A maiores de opoñernos á apertura a persoal estatutario, non comprendemos que un posto sexa para administración especial sen indicar a especialidade que requiren. Se tanto lles ten calquer titulación, entón o posto xa non é para administración especial, senon xeral. O que fai o Sergas é adaptar o posto á persoa que queren colocar, e non adaptalo aos requisitos das tarefas a realizar.
  • Crean e amortizan un posto de libre designación para adaptalo ao decreto de estrutura. Non temos nada que dicir, nen sequera asumimos como propio o que manda a estrutura. Pero si nos opoñemos, outra vez máis, a que abran postos de administración a persoal estatutario.
  • Queremos unha revisión a fondo a RPT da lei 17 (escalas sanitarias), antes do concurso de traslados destas escalas. Neste sentido afirman que nos facilitaran o borrador do concurso para a semana que ven; agardamos que poidamos "negocialo" en condicións e que non se limiten a levalo á Mesa Xeral de Negociación como un mero formulismo. Manifestamos que:
  • Non queremos postos de administración xeral abertos a estatutarios, pero moito menos se hai postos aos que estes poden ir e o persoal funcionario das escalas sanitarias, coas mesmas titulacións, non poden.
  • Temos que solucionar previamente ao concurso determinadas situacións de postos declarados a extinguir e que precisan unha solución, que pasa por modificar a RPT para facilitar a saída.
  • Solicitamos a incorporación dun plus de toxicidade con sentenza firme no laboratorio de Lugo, e pedimos a revisión de todos sen necesidade de ir ao xulgado. A subdirectora informa que están a facer unha revisión dos pluses e que teñen a intención de afrontalo para os que o requiran.
  • É preciso solucionar o nivel do persoal Farmaceutico Inspector, colectivo que segue cun nivel inferior a outras categorías de inspección, ou respecto a outros postos iguais noutras administracións. A resposta é a mesma doutras veces: non é o momento.

Temos prazo para presentar alegacións escritas ata o día 10, pero visto que non teñen intención de respostar por escrito ás alegacións que nos piden escritas, a CIG valorará se nos limitaremos a reenviarlles esta nota informativa.