Rexeitamos a apertura de postos ao persoal estatutario sen reciprocidade. Rexeitamos especialmente a apertura de postos de administración xeral a estatutarios ao tempo que lle negan o acceso a funcionarios da Lei 17 que teñen a mesma titulación que os estatutarios.
  • Queremos unha revisión a fondo da RPT da lei 17 para permitir unha maior permeabilidade entre as distintas clases da lei e así facilitar o seu concurso de traslados, especialmente a saída dos postos a quenes teñen declarados a extinguir.
  • Preguntamos pola notificación dunha sentenza firme que recoñece un plus de toxicidade a un analista do laboratorio de Lugo. A persoa que representa a Sanidade, afirma non saber. Agardamos saber algo antes da Comisión de Persoal.
  • Como os demais sindicatos, criticamos a situación en que se manteñen os FIS (farmaceuticos), cun nivel moi inferior a outros corpos de inspección da Xunta, e tamén en comparación aos similares doutras comunidades autónomas. Como sempre, a resposta é a mesma: non é o momento.
  • Sanidade asegura que farán unha revisión de pluses de cara a unha futura RPT.

     

    RPT de Traballo e Benestar

    A proposta consiste en que a tres xefaturas de servizo retíranlles o requisito imprescindíbel no curso de inspección de servizos sociais, e os pasan de A11 a AXG (quedan so para administración exclusiva da Xunta de Galiza e non do estado ou outras comunidades).

    A CIG criticou no seu momento ese requisito imprescindíbel, e sempre demandamos que os postos sexan AXG, así que estamos conformes coa modificación proposta.