- A proposta presentada carece de rigor e xustificación. Presenta un claro descoñecemento da realidade e dunha falta de análise crítico das necesidades e cargas de traballo. Como exemplo temos a oficina de Quiroga, que tendo un técnico e un administrativo, amortizan esta última praza. Quen atenderá a oficina cando o técnico teña que saír? Vai facer o técnico o traballo administrativo deixando sen atender o técnico?

- Facemos fincapé na gravidade das amortizacións para os servizos periféricos (o 60%, concentradas especialmente nas oficinas agrarias e distritos forestais) e convidamos aos representantes da administración a visitar os centros de traballo periféricos (máis de 150).

- Cremos que esta redución dos postos dos servizos periféricos, obedece por unha banda, a unha recentralización das tarefas e, por outra, a unha privatización dos servizos (eliminan peóns forestais en zonas de Ourense cun alto risco de incendios para, no seu lugar, contratar brigadas por outra vía e mesmo bridadas helitransportadas por un importe de 8 millóns de euros, retírase persoal dos viveiros para contratar planta a empresas privadas, eliminanos limpidadores/as para contratar empresas de limpeza, eliminanos persoal das oficinas agrarias para xustificar a súa desaparición e que o traballo sexa fetio por entidades colaboradoras).

- Constatamos que as liñas orzamentarias non se corresponden co número de amortizacións presentado (os orzamentos de 2015 contemplan 5120 postos, os de 2014 contemplan 5129 postos e os de 2013 e de 5140 postos) e as liñas orzamentarias aplicadas a cada posto son dubidosas en canto a súa orixe existindo orzamentos para postos que amortizan nesa liña, incluso en algunha liña que amortiza plazas, en vez de diminuir o numero de efectivos, estes aumentan. Se miramos os códigos de posto da RPT de Medio Rural e Mar temos un numero total de 5197 postos sin constatar os postos que marcharon ou non para a axencia galega de desenvolvemento rural (agader) nin para o instituto galego de calidade alimentaria (ingacal), e ainda asi a diferencia de postos que existe entre a RPT e o anexo de persoal da conselleria seria de 84 nunca de 130 postos sen liña orzamentaria. Este punto continuarémolo en estudio para poder presentar datos na próxima reunión.

- Facemos a consideración de que namentres se recortan servizos periféricos e persoal dos grupos baixos, se manteñen dous asesores xerais de nivel 30 (cando o normal é que exista un por consellería) obrigado por unha norma que indica que calquera consellería ten que incluir por lei unha Intervenión Delegada (dependente orgánica e fucionalmente da Intervención Xeral) e unha Asesoría Xurídica (dependente organicamente da consellería e funcionalmente da Asesoría Xeral).

- Solicitamos que se nos facilite unha listaxe de todos os postos vacantes e xustificación dos postos elexidos para incluír na amortización e se nos dea unha semana para revisar de novo a documentación que nos acheguen.

Infórmasenos que a recodificación de postos procedentes dos laboratorios de saúde pública os cales modificaran os seus complementos para equiparalos aos complementos xa existentes nesta consellería.

A administración indica que se facilitará o listado con todas as prazas vacantes puras, pero que non incluirá a xustificación da inclusión das prazas propostas para amortizar.

Con respecto aos peóns de incendios amortizados indica que corresponden con brigadas nas que hai incorporados oficiais polo que as brigadas non sufren recortes e quedan con sete compoñentes. Indica que tampouco se contempla de momento a reestructuración de brigadas.

Cítase ás organizacións sindicais para o vindeiro mércores 11 ás 10h, xa que teñen intención de pechar esta modificación en breve.