A CIG diante da proposta de supresión/refundición/ordenación de categorías profesionais do persoal laboral achegadas pola Dirección Xeral de Función Pública, presentou as seguintes alegacións:

  • Que na xuntanza celebrada o pasado 31/07/2014 entre a dirección xeral da Función Pública e as OOSS, o Director Xeral comprometeuse á negociación das bases e a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral  para o mes de outubro seguinte; concurso aberto a tódalas categorías de cada grupo de acordo coas agrupacións profesionais a negociar.
  • Que o pasado decembro a dirección xeral da Función Pública achegou unha memoria proposta de refundición ou supresión  de categorías do persoal laboral naquelas nas que consideraba que non había ningún traballador/a desempeñando as mesmas. Esta organización sindical, no prazo previsto, achegou as alegacións contrarias  á supresión das categorías nas que si había traballadores/as.
  • Que a última proposta, achegada vía e-mail  o pasado 18/02/2015 altera substancialmente o itinerario acordado na xuntanza do pasado 31/07/2014 pois o seu obxectivo non é a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral unha vez resoltas as agrupacións profesionais para a súa apertura ás distintas categorías do mesmo grupo, e unicamente propón unha serie de supresións, agrupacións e declaracións de extincións, sen a mínima explicación ou memoria que ampare esta pretensión.
  • Esta organización sindical, rexeita na súa totalidade a proposta de supresión/refundición/ordenación das categorías profesionais do persoal laboral e, diante da dirección xeral da Función Pública

Diante de todo isto, a CIG ven de solicitar a retirada desta proposta de supresión, refundición e ordenación de categorías profesionais do persoal laboral e a inmediata negociación da convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral.