Achéganos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, convocatoria e documentación para discutirmos unha modificación da súa RPT, que vai ser o venres 24 de abril (tan só nos dan 48 horas para organizarnos e estudalo, boa mostra da súa atitude).

A xuntanza vai ser a continuidade das anteriores de data 13/02/2015 e 25/02/2015, que rexeitamos. Segundo a CMATI, "A consellería, facéndose eco da polémita suscitada en relación con esta concreta proposta de amortización de postos ocupados e da oposición manifestada polas centrais sindicais ao despedimento deste persoal, acordou na dita reunión a reformulación de dita proposta".

Engade a consellería que, non obstante o anterior, é prioridade a reorganización da súa área medioambiental.

Poñémonos a estudalo. E como sempre, se queres achegarnos algo, estamos en autonomica@cigadmon.gal

Descargar