Na procura dun mellor servizo público, a CIG leva esixindo anos a creación de postos de auxiliar en todos os centros e de subalterno/a naqueles onde non conten con persoal dos concellos. A proposta de Educación e parcial, incompleta, sen vocación de cubrir esta necesiade e en vez de crear novos postos e provelos con persoal o que fai e reducir empregados/as nos IES para trasladalos aos CEIP. Propomos un plan plurianual para dotar todos os centros de educación con persoal auxiliar e subalterno.
  • Estamos en contra das amortizacións de postos de persoal auxiliar e subalterno, así como do desprazamento de postos entre centros para cubrir unha necesidade deixando descuberta outra.
  • Nos casos en que haxa traslados, aceptar as persoas voluntarias ainda que non sexa a máis recente.
  • Reclamamos que fagan públicas as ratios que utilizan. Non entendemos que poidan valorar as necesidades de persoal utilizando exclusivamente o criterio de número de alumnos/as sen ter en contra outras circunstancias como son: existencia de varios edificios, illamento do centro, existencia de centros adscritos, ciclos, nocturno, etc.. É preciso discutilos e facer despois os axustes necesarios.
  • Consideramos que debe haber un posto de xefe/a de secretaría nos centros con determinado número de auxiliares. Tamén valoramos a conveniencia de que polas súas funcións, se reflexione sobre si a figura de secretario debe ser un cargo docente ou un posto de Administración Xeral.
  • Queremos a memoria económica, coas liñas orzamentarias de cada posto.
  • Para rematar, expresamos que dende fai dous anos apreciamos un incremento dos conflitos nos centros, razón pola que xa temos pedido en varias ocasións ser convocados para tratar as condicións de traballo. Puxémoslles varios exemplos: cambios de horarios a metade de curso, asignación de tarefas indebidas ou con criterios dispares entre centros.. Moito nos tememos que esta modificación vai incrementar ainda máis os problemas, tanto por como quedarán os centros aos que se lles quita persoal, como o que vai pasar nos colexios nos que tan só vaia un auxiliar.

    A consellería:

    • Non teñen un plan plurianual, limítanse a tentar resolver as necesidades que lles transmiten.
    • Reconsiderar individualmente os traslados e amortizacións.
    • Cambiar o funcionario/a que se traslada se hai voluntario/a.

    Teñen intención de aplicar a nova RPT xa en maio, algo que consideramos que vai ser imposíbel. Quedamos en volvernos a sentar o martes 1, e presentar alegacións escritas o xoves 25, así como trasladar as alegacións feitas dende os propios centros e que van no mesmo sentido que as nosas. A CIG acompañará as alegacións cos numerosos escritos que nos enviaron dende os centros, a fin de xustificar as circunstancias que poidan facer que educación reconsidere a súa proposta inicial.

    Para rematar, exiximos que na seguinte xuntanza fixemos unha data para abordar as condicións de traballo e conflitos nos centros, deixando constancia que se non fose así, tentaremos poñer ao persoal en pé de guerra.