RPT e estrutura

Na xuntanza do día 1 de marzo, Educación segue nas súas trece sen apenas movementos. O destacable é que conseguimos que non amorticen 8 prazas ocupadas por persoal interino en centros de ensino:

  • Dúas delas quedan consolidadas, a do CPI de Catoira porque as necesidades dun centro con catro edificios fai que sexa necesario o posto de subalterno, e a do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, porque en vez de amortizar o posto inicial amortizan o outro posto dunha persoa que se vai xubilar.
  • En relación ás outra 6 prazas non se van amortizar nesta RPT quedando pendentes de como evolúe a situación e se plantexaran se non hai cambios amortizalas na seguinte RPT.

Creanse dous postos novos, no CEIP Castrillón de Coiro (Cangas) e no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, que inicialmente ía cubrirse trasladando o posto dende o IES Escolas Proval.

Polo demais só admiten os cambios voluntarios dentro da mesma localidade, como por exemplo que a praza do IES R.O do Uruguai de Vigo pase para o CEIP García Barbón, en vez de para o de Frián-Teis.

Seguen sen admitir un plan plurianual para a creación de postos de Administración Xeral en todos os centros docentes e tampouco admiten que sexan todas de nova creación en vez de realizar traslados. Plantexamos tamén que a problemática dos centros excede dunha simple RPT e que hai que abordar a cuestión das funcións, cousa que Educación non quere. O mesmo sucede coa revisión de ratios e criterios para a dotación de persoal dos centros.

En definitiva que a pesares de haber algún avance positivo, Educación segue enquistada no inmobilismo.