Despois de demandar un plan plurianual para a creación de postos de auxiliar en todos os centros de ensino e de subalternos naqueles onde non existan postos dos concellos, así como a creación de postos de xefaturas de secretaría en centros cun elevado número de matrículas e a invitación a reflexionar sobre a transformación das secretarías dos centros de ensino en postos, no canto de cargos, de corpos xerais, vemos que esta consellaría, cun Capítulo I tan elevado, é incapaz de satisfacer as demandas do persoal e as necesidades cada vez maiores dos centros de estar dotados de persoal dos corpos xerais.

Volvemos a pedirlle á Consellaría que faga un esforzo ata a Comisión de Persoal para cambiar traslados e asignación de postos por creación de postos novos, sabendo ademais que no caso de persoal non docente de centros de ensino, a Lei 12/2015 de Orzamentos Xerais, permitiría, a través dos artigos 13.5 e 14.1 atender esta demanda.

Polo demais sinalar que respectan o compromiso de non amortizar ningún posto ocupado por persoal interino e nós reiterámonos no resto de alegacións xa expostas nas xuntanzas previas.

A Consellaría aclara que non van modificar as rateos empregadas para a dotación de persoal nos centros, aceptan que os postos novos sexan cubertos en comisión de servizos ou mediante persoal interino mentres non se cubran mediante concurso, a excepción dos traslados de persoal dende os IES, e recoñecen que a presenza de inspectores de Educación nos centros para comunicar o traslado é un erro por non ter sido avisado antes o centro dende os servizos de persoal sobre este asunto.


A PROPOSTA DE EDUCACIÓN PARA Á MESA XERAL É A SEGUINTE:

Creación de postos xa dotados

  • Xefatura territorial Coruña:
    • IES de Carral: 2 subalternos.
    • IES de Culleredo: 1 auxiliar, 2 subalternos.
  • Xefatura territorial Ourense:
    • EPA Ourense: 1 auxiliar. 1 subalterno.
    • Escola de arte “Antonio Failde” (Ourense): 1 subalterno.
    • IES de Vilamarín: 1 subalterno.
  • Xefatura territorial Pontevedra:
    • CRD Vigo: 1 subalterno.

Creación de postos novos

  • Xefatura territorial Coruña:
    • Crean 1 posto de auxiliar en 33 CEIP`s. [PARA A MESA XERAL CREAN UN POSTO NO CEIP SALGADO TORRES DA CORUÑA (ANTES MOVÍAN DO IES URBANO LUGRIS)]
  • Xefatura territorial Lugo:
    • Crean 1 posto de auxiliar en 4 CEIPs.
  • Xefatura territorial Ourense:
    • Crean 1 posto de auxiliar en 3 CEIPs.
    • Crean 1 posto de auxiliar no CPI Antonio Faílde (este centro compartía auxiliar con outro CPI de Ourense, e desdóbrano).
  • Xefatura territorial Pontevedra:
    • Crean 1 posto de auxiliar en 25 CEIPs. [PARA A MESA XERAL CREAN NOVOS NO CEIP CASTRILLÓN-COIRO DE CANGAS E NO CEIP HUMBERTO JUANES DE NIGRÁN (ANTES TRASLADABAN UN AUXILIAR DO IES ESCOLAS PROVAL PARA O CEIP HUMBERTO JUANES) E SUBSTITÚEN A CREACIÓN DUN POSTO NO CEIP GARCÍA BARBÓN DE VIGO POR OUTRO NO CEIP FRIAN-TEIS DE VIGO (XA QUE O 1º VAISE CUBRIR POR TRASLADO DENDE IES R.O. DO URUGUAI)]


Amortización de postos
Amortizan 42 postos sen dotación orzamentaria, vacantes que consideran non necesarios en atención ao número de alumnos. A dotación foi empregada noutros postos (fundamentalmente persoal laboral). Case todos en IES (algún CIFP e CEIP).
Amortizan postos con dotación orzamentaria, retirados do concurso, por consideralos prescindíbeis en atención ao número de alumnos.
Todos os postos son de auxiliares, subalternos e xefaturas de secretaría.

  • Xefatura territorial Coruña:
    • 20 postos sen dotación. [PARA A MESA XERAL RETIRAN A AMORTIZACIÓN DO POSTO DE SUBALTERNO NO IES DE CURTIS]
    • 14 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
    • 1 posto con dotación, vacante, ocupado en comisión de servizo.
  • Xefatura territorial Lugo:
    • 5 postos sen dotación.
    • 5 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
  • Xefatura territorial Ourense:
    • 8 postos sen dotación.
    • 1 posto con dotación, vacante, sen ocupación.
  • Xefatura territorial Pontevedra:
    • 9 postos sen dotación.
    • 4 postos con dotación, vacantes, sen ocupación.
    • 2 posto con dotación, vacantea, ocupados en comisión de servizo.


Modificación do centro de destino
Son postos de IES ocupados con carácter definitivo que moven a centros de infantil e primaria, todos na mesma localidade. Din que moven os ocupados máis recentemente.

  • Xefatura territorial Coruña: moven 12 postos (a maioría de IES, dous CEIP e 1 CPI, que van a maioría a CEIPs, e 1 a IES). [PARA A MESA XERAL NON MOVEN O AUXILIAR DO IES URBANO LUGRÍS AO CEIP SALGADO TORRES DA CORUÑA PORQUE ESTA PRAZA A CREAN NOVA]
  • Xefatura territorial Lugo: moven 4 postos (de IES a CEIPs)
  • Xefatura territorial Ourense: moven 8 postos (de IES a CEIPs)
  • Xefatura territorial Pontevedra: moven 9 postos (a maioría de IES, a CEIPs) [PARA A MESA XERAL O AUXILIAR DE IES R.O DO URUGUAI VAI PARA O CEIP GARCÍA BARBÓN EN VEZ DE PARA O FRIÁN-TEIS QUE SE CREA O POSTO]


Outras modificacións

  • Suprimen observacións referentes á ocupación de postos por persoal laboral que xa non está no posto. [PARA A MESA XERAL RETIRAN DA PROPOSTA DE CAMBIO DE OBSERVACIÓNS NO POSTO DE SUBALTERNO 006 NO IES XESUS TABOADA CHIVITE DE VERÍN]
  • Adaptan os postos dun IES de Ribadeo consecuencia da reorganización dos centros da localidade. A todos os postos lles respectan a localidade.