Por iso, CIG, CCOO, CSIF e UGT plantámonos, e para continuar coa tramitación desta RPT, esiximos unha convocatoria inmediata a unha reunión específica para solucionar xa a homologación salarial do persoal informático da AMTEGA, onde traballadores que realizan o mesmo traballo están a cobrar diferente.

Así mesmo pedimos que non se esquezan outras cuestións pendentes como:

  • Concurso de traslados. O último resolveuse o 1 de abril de 2014, hai xa catro anos. Teremos que agardar oito anos coma pasou a última vez?
  • Conciliación familiar. As resolucións de flexibilidade horaria por conciliación (ao igual que as de teletraballo) son un copia-pega. Non se ten en conta o que piden os traballadores e non se está permitindo acumular xornadas.
  • Teletraballo. Por que continúan concedendo só unha xornada cando o persoal solicita tres xornadas por semana.
  • Centros de destino na RPT. Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.
  • Denuncia ante inspección de traballo en Ourense.
  • OPE Informática. Mentres na AGE convocaron este ano 455 postos do C1 de informática, a AMTEGA dedícase a amortizar e externalizar.

Contigo e coa CIG, a loita continúa!