A CIG denuncia que a inclusión deste asunto é unha encerrona, que nun rápido vistado sobre a marcha observamos que a proposta que traen é moi similar a unha anterior de abril e á que os catro sindicatos nos negamos a asistir advertíndolle que non nos sentariamos con AMTEGA ata que solucionasen a homologación dos informáticos que está pendente dende fai anos. E tratándose dunha proposta similar, non vemos razóns para non mudar o noso criterio.

O xerente da AMTEGA, José Luís Somoza Digón, xunto co director de Función, José María Barreiro Díaz, “fulminan” o dereito de negociación colectiva dos traballadores da AMTEGA levando directamente a mesa Xeral unha RPT “sen negociación” previa.

A Xunta de Feijoo acostuma (no seu afán de aforrar) amortizar os postos vacantes por abaixo, non hai máis que ver as últimas modificacións de RPTs doutros organismos. As amortizacións na Axencia Modelo de Total Externalización en Galiza (AMTEGA) é o pan de cada día: PRIVATIZAR. Fai uns días que Feijoo acaba de asinar una acordo coa empresa INDRA para “colocar” entre 35 e 50 externos máis na cidade da cultura.

Solicitamos a modificación da RPT para crear diferentes centros de destino, de xeito que reflicta a realidade das variadas localizacións e a dispersión do persoal, sobre todo no caso de Santiago de Compostela.

Para continuar coa tramitación desta RPT, esiximos unha convocatoria inmediata a unha reunión específica para solucionar xa a homologación salarial do persoal informático da AMTEGA, onde traballadores que realizan o mesmo traballo están a cobrar diferente.

Mentres noutras administracións se incrementou a oferta pública de postos de traballo nos últimos anos, na Xunta é inexistente. Na OPE do 2018 a AGE convocou 800 postos de persoal funcionario informático!

Compañeiro informático da Xunta, o próximo posto a amortizar pode ser o teu!!! Desde a CIG seguiremos loitando para reivindicar os dereitos de todos os traballadores da AMTEGA e dignificar o traballo do persoal informático que presta servizos na xunta.

Contigo e coa CIG a loita continúa!