A Consellería de Educación publicou no DOG do martes 19 de abril a Orde pola que autoriza a posta en funcionamento do centro IES de Soutomaior. Estupendo, pero falta un trámite por facer.

Non é a primeira vez que a consellería pon en marcha un centro de ensino e o dota de persoal docente e non docente, pero esquece incluir os postos na Relación de Postos de Traballo. Eses postos novos, que inicialmente cubrirían con persoal interino mentres non sexan incluídos na RPT, non van ser ofertados nos concursos de traslados precisamente por non estar consignados na RPT.

Esto ocorreu, por exemplo, co IES de Ponteareas, no que pasaron catro ou cinco anos dende a posta en funcionamento ata a inclusión dos postos en RPT, e por medio un concurso de traslados sen que os postos do centro puidesen ser ofertados ao persoal funcionario.

Como non queremos que se repita a situación, a CIG enviou escrito á consellería para lembrarlle que ten que incluir os postos na RPT. E a instancias da CIG, a Xunta de Persoal tamén vai facer a mesma petición.