Destacamos desta RPT da consellería do medio rural:

  • Non hai unha clara xustificación funcional nas prazas que se amortizan, unha a unha, e non existen datos económicos.
  • Non aparecen as RPT das axencias creadas como o AGADER, AGACAL e FOGGA.
  • Hai numerosos erros de prazas e dentro delas un mesmo posto pode ter diferencias entre os complementos recoñecidos, incluso no mesmo centro de traballo e con funcións análogas.
  • Continúan a agochar o dato de que prazas están vacantes e cales non.
  • Non se crean prazas, só se amortizan.
  • Case o 50 % das xefaturas de servizo son de libre designación.
  • Non se solucionan nin corrixen eivas anteriores nos postos ou na súa situación.
  • Non se recollen os complementos gañados por sentenza, pois é o traballo do posto o que xera o dereito.
  • Demasiadas áreas funcionais que compartimentan a RPT e limitan os futuros concursos de traslados.
  • No SPDCIF, a pesares de aumentar o tempo de alto risco e teren en marcha propostas de reordenación do servizo, nin se aumenta o numero de prazas de bombeiros, axentes e técnicos dos distritos forestais, nin se aumenta o período de contratación do persoal fixo descontinuo, a pesares dos acordos sectoriais.
  • Non aparece reflectido o grupo B para o persoal das escalas de delineantes e de axentes, ambas as dúas a extinguir no C1 e coa nova escala creada na lei de medidas, o que compromete os procesos selectivos.
  • Desaparecen vixiantes do SPDCIF, fundamentais para a operatividade das casetas de incendios das que as cámaras xa deron conta de graves erros de funcionamento.
  • Ábrense prazas a outras administracións públicas coa escusa de que non se ocupan.
  • Non se cumpren as medidas de Feijoo para a loita contra incendios na creación de 30 prazas de axentes e das brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF).
  • Non se reforzan as Oficinas Agrarias Comarcais, nin os viveiros, centros de investigación e desenvolvemento rural e forestal, sanidade vexetal ou outras departamentos vitais.

 

Dende a CIG fixemos un monte de alegacións específicas a postos concretos pero tamén xerais como que a amortización e a creación de prazas deben vir sempre vinculadas á carga de traballo e a unha estrutura funcional xustificada.

A Consellería de Medio Rural, que ve aumentada a carga de traballo día a día como consecuencia da improvisación da Xunta, do cambio climático, o aumento de pragas, as enfermidades vexetais e animais, a mala planificación e xestión do territorio e os incendios forestais xunto cunha actividade impositiva maior cara aos cidadáns, vai tirando coas asistencias técnicas. Por iso denunciamos e destacamos que non se crean prazas operativas en toda a consellería mentres que se amortizan prazas para pagar, segundo dixo a propia Xunta, gratificacións por servizos extraordinarios.

Fainos as túas achegas: contacta coa CIG.