1. Engadido horario especial a posto do rexistro de nova creación.
  2. Eliminadas formacións específicas 020 (coñecementos informática nivel usuario) que aparecían nos listados.
  3. Modificación das formacións específicas 640 e 641 (grao coñecemento idioma galego).
  4. Creación de posto para persoal subalterno Grupo V, cat. 003 (oposición de persoal con discapacidade intelectual).
  5. Amortización de posto de LIMPADOR/A de código PR.C99.10.000.001.36001.155, de 4 h/día nos Edificios Xudiciais de Pontevedra e incremento en 1 hora a catro dos outros postos desas dependencias.
  6. Revisión de AREAS FUNCIONAIS de postos e eliminación naqueles con forma de provisión Libre Designación.
  7. Cambio de posto na Secretaría Xeral Técnica, dende Subd. Xeral de Coordinación de Servizos Transversais á Vicesecretaría Xeral.
  8. Cambio de postos na Dirección Xeral de Xustiza, dende a Sub. Xeral de Medios da Administración de Xustiza á Subd. Xeral de Persoal da Administración de Xustiza.
  9. Cambio de forma provisión en posto PR.C02.00.004.15770.018 "Habilitación de Gastos" (para concurso) e en posto PR.C02.00.005.15770.070 "Xefatura Servizo Prevención de Riscos Laborais" (para Libre Designación)
  10. Revisón de corpos/escalas en todos os postos de prevención de riscos laborais.

Dende a CIG cuestionamos que esta fora unha verdadeira mesa de negociación e tamén cuestionamos que a representación da Administración tivera capacidade negociadora.

Denunciamos que non existiu nin existe vontade negociadora por parte da consellería, pois queren facer ver como negociación a mera modificación dos erros da RPT e a adaptación as normas (pero non a todas, pois seguen a incumprir a Lei de arquivos).

Ante isto a CIG mantense nas alegacións remitidas, e detectamos mais “erros” nas últimas modificacións enviadas.

Opoñémonos a que modifiquen as seccións de riscos laborais e as pasen a corpos especias, xa que poden ser xeral/especial e como máximo dúas escalas dos corpos especias.

Denunciamos que fagan das LDs a norma en vez da excepción, chegan o limite de querer dar por esa forma de provisións ata negociados Nivel 18 con argumentos tan peregrinos como confidencialmente, que manexan cartos, etc ... tarefas cotiáns  de todos os funcionarios da Xunta de Galiza.

Opoñémonos á amortización de postos base para crear prazas de nivel superior destruíndose moito emprego neto, para crear cada praza de nivel 30 se amortizan por o menos tres de postos base. Cada vez invértese mais a pirámide de postos de traballo da Xunta.

Criticamos o xeito de abordar o tema do rexistro, tema dos arquiveiros..., polo que nos reiteramos nas alegacións xa feitas.