Chéganos a enésima RPT para negociar, neste caso do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e xa nas posicións de saída aparece a amortización de dous postos que se atopan ocupados por traballadores/as.

Que pouco valen aquelas palabras do presidente da Xunta que dicía no seu día, que cos recortes, na Xunta non habería despedimentos. Como outras palabras do Presidente da Xunta, acaba levándoas o vento.

Véndennos recuperación económica e amortízannos postos de traballo. Pero non contentos con que estean vacantes (e destruír postos), agora atacan mais a fondo e amortizan postos ocupados por traballadores/as, destruíndo con elo non so o posto senón tamén o traballo e o salario dos traballadores.

DE QUE VALE A PALABRA DO SR. FEIJOO .................DE NADA......

A CIG oponse rotundamente a amortización de prazas, pero mais aínda a amortización de prazas que leven consigo o despedimento de traballadores/as

Os sindicatos estamos convocados a unha xuntanza o día 4 de outubro para discutir unha proposta de modificación da RPT do IGVS. Pomos a túa disposición a proposta da Administración por se é do teu interese. Se queres aportar algo, contacta coa CIG.