3. Opoñémonos a amortización do POSTO BASE SUBGRUPO C2 co código MA.C03.00.401.15001.015, xa que, para crear catro prazas no laboratorio (porque a de Titulado/a superior especialista Grupo I cat. 19 ocupada por sentenza xa está dotada), amortizan seis prazas, deixando todo o traballo de administración do laboratorio cun só administrativo onde antes había tres. Que vai pasar cando este colla vacacións ou unha baixa? Quen vai facer o traballo? Amortizan as tres prazas de POSTO BASE SUBGRUPO A1 porque din que levan vacantes moito tempo. Xustifican que é porque o se nivel 20, e en canto se ocupan nunhas oposición no primeiro concurso a xente marcha a prazas con maiores niveis. Denunciamos que non as cubran con xente das listas e manteñan persoal facendo o seu traballo coa empresa TRAGSA, que ao final supón un gasto moito maior. non as cobren con xente das listas. Así agora no laboratorio hai nestes momentos cinco traballadores desta empresa TRAGSA, tres titulados superiores e dous auxiliares, e outros cinco que xa gañaron por sentenza a indefinición, en concreto tres titulados e dous analistas. Polo que DENUNCIAMOS que se amorticen prazas de emprego publico mentras se manteñen empresas para facer o seu traballo.

4. Denunciamos tamén de novo amortizacións escandalosas como a de axente de Valdeorras deixando sen persoal ao parque natural da Enciña da Lastra ou outras que se propoñen logo de aumentar a súa carga de traballo.

5. Solicitamos que as prazas que agora volven a ser de laborais (a CIG xa as solicitara no seu momento de laborais) debido a un erro da dirección xeral de Función Pública na OPE do 2018, e que teñen en formación específica o código 487 Lic./Grao en Física(mérito), se lle de traslado á columna de titulación académica, pois senón ditas prazas poderán ser ocupadas no concurso-oposición por calquera tipo de titulados superiores sendo estes postos específicos para coñecementos que teñen que ver coa previsión e modificación da calidade ambiental e do cambio climático.

6. Non entendemos por qué o posto MA.C03.00.401.15001.122 Auxiliar de Laboratorio, non ten o B18 “complemento salarial de singularidade por penosidade”, cando incluso os novos postos creados (e sen persoa) xa o teñen incluido.

7. Solicitamos a sentenza do complemento de singularidade, gañada polo Capataz de Establecemento do Complexo Ambiental o Veral de Lugo, Ademais de esixir o estudo para a extensión dos complementos ao resto de capataces de establecemento.

8. Insistimos en solicitar no parque das Illas Atlánticas a creación de prazas de axentes polo requirimento de traballar ao menos en parellas para minimizar riscos. Tamén deben revisar a RPT e ampliar as prazas para que o persoal de campo de conservación non este nesta situación de illamento e se cubran as quendas en todo o territorio da Galiza e non só neste Parque.

9. Opoñémonos a que se modifiquen as titulacións dos postos MA.C03.00.002.15770.015 e MA.C03.00.002.15770.020 e se manteñan neles a persoas que non cumpran os requisitos da praza mediante o texto “ocupado por funcionario non pertecente a escala”. As persoas que ocupan postos de rpt teñen que cumprir as características do posto que ocupan.

10. A Xefatura de Area de Parques Naturais tamén debe ser por por concurso e so aberta a c.especial polas específicas funcións.
11. Regularizar de oficio os pluses e complementos xa que hai enormes diferenzas entre os que reclaman e os que non, débense xeralizalos para todo o persoal sen ter que acudir ao xulgado. Como exemplo os titulados superiores ambientais que non teñen ou persoal do laboratorio de medio ambiente nos que aparecen caóticos.

12. Incluír a suba correspondente a 2019 no CE axentes, ademais debese barrar as prazas ao B e indicar a extinguir unicamente o C2 e C1.

13. Por último opoñémonos con rotundidade a amortización do posto MA.C99.10.000.27001.82 HABILITADO, esta praza está ocupada por concurso por unha persoa que ten unha sentenza firme que lle recoñece diferenzas salariais coas seccións de nivel 25 de complemento de destino, a consellería quere amortizarlle o posto poñendo en adscrición provisional, co que lle supón ao traballador ter que solicitar todos os postos vacantes que aparezan no concurso, incluso de inferior nivel ao que se atopa agora, podéndoselle producir un dano tanto económico como laboral e familiar. Íntimos que neste caso pode haber persecución laboral por parte da consellería a un delegado sindical da CIG que gañou por sentenza que a Xunta lle pague as diferenzas salariais.

En canto nos envien un novo documento da RPT corrixido presentaremos achegas específicas. Se queres, podes contactar coa CIG.