O martes 23 de abril tivemos a primeira xuntanza pola RPT de Medio Rural. A Secretaria Xeral Técnica dixo que a modificación era debida aos cambios na estrutura e a creacion das 549 prazas de reforzo de verán de bombeiros forestais pero que non ían tocar as oficinas agrarias comarcais nin os distritos polo de agora, a espera dun estudo de carga de traballo e organización desta administración periférica que dá servizo ao rural galego. As RPT de AGACAL e Fogga din que as están a preparar e negociaranse despois desta.

Recoñecen que a documentación que nos presentaron estaba chea de erros e aínda así presentamos na xuntanza máis de 100 alegacións xerais e específicas. Con este mal facer por parte da Administración vai ser difícil que se convoque o concurso de traslados antes do verán.

Sobre as amortizacións, a pesar de dicir que non van tocar os postos ata reorganización, amortizan sen explicación de 181 postos de traballo, o que consideramos inadmisible.

Sobre a creación de prazas do SPDCIF manifestan que foi un “erro” que viñeran para 12 meses e que serán de 5 no 2019 e de 6 no 2020.

Aínda con todo, non souberon explicarnos a diferencia de 1 millón de euros entre as creacións e as amortizacións e de onde van a sacar os cartos para as creacións.

Antes do venres presentaremos unhas primeiras achegas por escrito e estaremos a espera de que nos envíen documentación corrixida, xustificada e cunha memoria económica en condicións. Destacar o pouca participación das outras organizacións sindicais pois remitíronse a indicar que ían presentar alegacións por escrito, sen expoñer ningunha na mesa de negociación, e pedir algunha aclaración puntual e do SPDCIF. Feito que sumado aos erros da documentación e a hora tardía de convocatoria (12:30h) fixo que non se puidera avanzar moito na negociación desta RPT.