Do SPDCIF mais do mesmo: amortizan postos de 12 meses e crean menos dos comprometidos para alto risco (547 fronte as 600 da Lei de orzamentos). Supomos que para derivar orzamento para as prazas de estrutura xa que a groso modo as contas non dan para tanto alto cargo. De persoal condutor, técnicos de coordinación e axentes para as BIIF nin falar, moito menos de retirarlle o negocio as empresas das bases helitransportadas e...por suposto seguen a manter os convenios cos concellos limitando a profesionalidade do SPDCIF.

A RPT esta chea de decisións que perpetúan recortes e poñen en grave perigo ao servizo, ao persoal e a cidadanía. En infraestruturas, montes e outros servizos mais do mesmo camiñando cara a privatización de encomendas e peches.

A taxa de reposición dos recortes mantida en Galiza co apoio de CCOO e UGT (no Estado xa a superaron nesta OPE), a falta da cobertura das vacantes e a súa amortización en base unha lei obsoleta (LO 2013) perpetúa o desmantelamento dos servizos públicos vinculados o rural. Na CIG entendemos o rural e as actividades vencelladas como valor primordial e garante da nosa subsistencia como pobo. A única parada que hai contra os poderes especulativos como a minería extractiva ou a madereira somos as galegas que vivimos e traballamos nos montes e terras da Galiza. Non hai outra, esta RPT é claramente desmanteladora do servizo público e de novo unha oportunidade perdida.

E difícil facer as cousas peor, e seguimos aínda a espera dunha documentación de traballo que permita avanzar cunha RPT que é das que supostamente están a parar o mais que necesario consurso de traslados.