RPT e estrutura

O día 03/09/18 houbo unha reunión para tratar a RPT de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza. Asisten por parte de Vicepresidencia o dous xefes de servizo de persoal, desculpan a non asistencia do Vicesecretario Xeral.

Por parte da Administración trasládasenos o mesmo que se nos enviou por correo electrónico :

O martes 4 de setembro tivemos a primeira xuntanza con Medio Rural para tratar a súa Relación de Postos de Traballo. Asistimos CIG e as demáis organizacións sindicais; pola parte de Medio Rural destacamos a ausencia da secretaria xeral ou outros altos responsabis do gabinete con poder decisorio polo que unicamente se adicaron a escoitar as emendas que traíamos dende as organizacións sindicais.

A proposta de RPT que nos achegou a consellería non está vinculada a un obxectivo programado de desenvolvemento do País, no especial na axuda e apoio do sector primario esencial para a Galiza, o agrario, gandeiro e forestal. Mais aínda cando xa temos claro que o mantemento das actividades agrarias e gandeiras tradicionais e o desenvolvemento doutras actividades produtivas no medio son as que poden fixar poboación e reducir os incendios forestais.

Por iso lamentámonos que se pechen centros e amorticen prazas e vemos de novo nesta RPT que nos expón a Xunta outra oportunidade perdida para a mellora do emprego deste servizo público.

Achéganos Función Pública unha proposta de modificación da RPT da Vicepresidencia, a discutir nunha xuntanza o día 2 de agosto. Se queres podes contactar coa CIG.

Esta é a segunda versión que envían da proposta de modificación da RPT.

Nota: a xuntanza foi aprazada pola consellería para o 4 de setembro.

Achega a consellería de Medio Rural unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo que será discutida nunha xuntanza convocada para o día 30 de xullo. Ao metérmonos xa en agosto imaxinamos que as alegacións escritas, Mesa Xeral e Comisión de Persoal quedarán para setembro (xa veremos).

Se queres dicirnos algo sobre esta proposta da Administración, podes contactar coa CIG.

Achegou o IGVS unha proposta de modificación da súa RPT. A proposta ten data do 11/7/2018. Está prevista unha xuntanza para setembro.

Se queres aportar algo, contacta coa CIG.

A Consellería de Educación publicou no DOG do martes 19 de abril a Orde pola que autoriza a posta en funcionamento do centro IES de Soutomaior. Estupendo, pero falta un trámite por facer.

Non é a primeira vez que a consellería pon en marcha un centro de ensino e o dota de persoal docente e non docente, pero esquece incluir os postos na Relación de Postos de Traballo. Eses postos novos, que inicialmente cubrirían con persoal interino mentres non sexan incluídos na RPT, non van ser ofertados nos concursos de traslados precisamente por non estar consignados na RPT.

Esto ocorreu, por exemplo, co IES de Ponteareas, no que pasaron catro ou cinco anos dende a posta en funcionamento ata a inclusión dos postos en RPT, e por medio un concurso de traslados sen que os postos do centro puidesen ser ofertados ao persoal funcionario.

Como non queremos que se repita a situación, a CIG enviou escrito á consellería para lembrarlle que ten que incluir os postos na RPT. E a instancias da CIG, a Xunta de Persoal tamén vai facer a mesma petición.

O día 19/06/2018 tivemos unha reunión previa a mesa xeral do mércores 20/06/2018. Inesperadamente, porque estaba fora da orde do día, aparece o xerente de AMTEGA e, conxuntamente co DXFP cóntanos que van enviarnos unha modificación da súa RPTconsistente en:

  • Adaptar a RPT ás áreas funcionais e ás titulacións da LEPG.
  • Abrir unha xefatura de departamento a Admón. de Xustiza e outra a docente.
  • Crear 3 seccións, das que dúas serían a prover mediante LD.
  • Amortizar 4 postos (2 laborais vacantes por xubilación, 1 operador, 1 sección vacante).

Achéganos a consellería unha proposta de modificación da súa RPT. Teremos unha xuntanza o martes 19 de xuño e contamos que posteriormente haberá un prazo para presentar alegacións escritas, previa a inclusión do asunto nunha futura Mesa Xeral.

Se queres contactar coa CIG, podes facelo dende esta ligazón: contactar coa CIG.

O venres 15 achegounos Función Pública unha proposta de modificación da RPT da consellería de Economía, Emprego e Industria. A proposta vai incluída na orde do día da Mesa Xeral convocada para o mércores 20, e discutida previamente nunha xuntanza con Función Pública o martes 19.

Non temos moi claro o que nos van contar o martes 19 pois misturan documentación nova con pasada da anterior modificación da RPT, pero o que non vamos é aceptar un trámite tan de urxencia, sen tempo a estudala nin alegar cando observamos que a proposta ten numerosos cambios.

Se queres botar un ollo, podes descargala aquí, en dúas partes: descargar 1ª parte, descargar 2ª parte.

Podes contactar coa CIG nesta ligazón: contactar coa CIG.

Nunha sentenza do 5 de xuño de 2018, o Tribunal Supremo vén de desestimar o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra a sentenza gañada pola CIG no 2015 na que o TSXG ditaminou a ilegalidade do disposto no artigo 3.2 do Decreto 1/2014, de 29 de xaneiro, polo que se regula a creación do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero, impoñéndolle á Xunta 1.500 € de costas.

Ese artigo 3.2 estipulaba un sistema de provisión ilegal para a Dirección do centro, quedando aberto a ser ocupado por persoas que non tivesen a condicións de empregadas públicas.

Ante a solicitude de execución de sentenza que a CIG fixo en xullo de 2015, a Xunta de Galiza fixo caso omiso e nun intento soez de estirar o chicle, en novembro de 2015 interpuxo un recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Entretanto, dous anos e pico despois da solicitude de execución de sentenza, a Xunta de Galiza modificou o decreto de creación do citado centro nos termos en ditaminados polo TSXG, mais continuou adiante co recurso de casación que o Tribunal Supremo vén de desestimar agora condenando á Xunta a unhas costas de 3.000 €.

4.500 € de costas en total. Un exemplo máis da dilapidación dos cartos públicos por parte dunha Xunta de Galiza que xoga cos intereses e cos cartos de todos os galegos e galegas sen que ninguén asuma responsabilidade de ningún tipo.