RPT e estrutura

Se a receita do éxito da política de I+D+I consite en mimar aos seus recursos humanos, non se espera demasiado éxito se se comeza por tratar de xeito despectivo ás persoas encargadas da súa xestión.

Por pedimento da CIG, a semana pasada tivo lugar unha xuntanza co secretario xeral da Consellaría de Economía e Industria para falar sobre o anteproxecto de Lei polo que se autoriza á Xunta de Galicia para a creación da Axencia Galega de Innovación. A motivación desta reunión nace de dous extremos: 1) a falta de información ao persoal afectado e aos seus representantes, e 2) o contido no seu articulado de elementos que son materia de negociación e que afectan ás condicións de traballo dos empregados públicos.

Dende fai un tempo (menos dun ano), o CSIF mudou o seu criterio para criticar a apertura de postos a outras administracións.

Na nosa administración, hai unha serie de prazas abertas a outras que en teoría non deberían superar o 5% do total. En canta Mesa de "negociación" entra como punto da orde do día unha modificación de Relación de Postos de Traballo (RPT), a CIG critica a apertura dos postos mentres non haxa acordo de reciprocidade así como que estas aperturas sexan case na sua totalidade para postos de libre designación.

A intervención do CSIF dende fai pouco é sempre a mesma xustificación absurda para non posicionarse: "como non sabemos a porcentaxe de prazas abertas a outras administracións, e por tanto non sabeos se superamos ou non o 5%, non nos posicionamos".

O vindeiro venres, 6 de novembro, as diferentes organizacións sindicais estamos convocadas a unha reunión cos representantes da Administración por parte da Consellaría de Economía e Industria, coa finalidade de debater a modificación da actual RPT.

Poñemos a vosa disposición a proposta que nos fixeron chegar así como un fío de discusión nos nosos foros para que nos aportedes todas as alegacións que consideredes oportunas.

Xa van varias consellarías que nos chaman para "negociar" a creación dos postos de "xefe/a territorial", e en todas elas CIG, UGT e CCOO estamos a defender que sexan de concurso. CSIF acepta a proposta da administración, inda que na primeira consellaría tamén demandaron que o posto fose de concurso. Semella que mudaron de parecer (terían unha chamada á orde?).

A aprobación, co voto a favor de CCOO, da nova RPT de centros de ensino na Comisión de Persoal celebrada o 24 de marzo, supón unha diminución da nosa forza negociadora. Esta central sindical ten unha doble faciana, aos traballadores intenta venderlles a imaxe de proximidade ás súas demandas e, pola contra,  nas mesas de negociación derritese ante os patróns ata darlles a razón.

No Diario Oficial de Galiza (DOG) nº 40, do Xoves 26 de Febreiro de 2009, faise público acordo do Consello da Xunta de Galiza do 12 de Febreiro, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Conselleria do Medio Rural. Ista modificación xustifícase na necesidade de dar cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autonóma e as organizacións sindicais, respecto a regulación das condicións de traballo do persoal pertencente ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Martes 24 de Febreiro de 2009, faise público a  aprobación da modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Sanidade e de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Medio Ambiente e DesenvolvementoSostible. Os efectos económicos derivados do acordo dos servizos veterinarios oficiais retrotraeranse ao 31 de outubro de 2008. Ligazón ao texto do DOG.

Aquí van as fotos da Comisión de Persoal onde os lacaios de Méndez Romeu aproban o despido de máis de 55 traballadores:

 

 

A Consellaría de Presidencia volve atacar coa sua decisión de amortizar postos de limpeza e mantemento, e establecer horario especial a todo o persoal de rexistro, atención ao cidadán e subalternos. A semana pasada a consellaría pretendía incluir esto na orde do día dunha Mesa Xeral, e por "erros técnicos" tras o anuncio de mobilizacións da CIG, a Dirección Xeral de Función Pública retirou o punto da Mesa, comprometendose a que o horario especial fose voluntario e negociar coas empresas concesionarias dos servizos privatizados de limpeza para a subrrogación dos contratos de traballo do persoal despedido.

O xoves 18 de decembro, na que será unha das derradeiras Mesas Xerais de Empregados Públicos, a Consellaría de Presidencia achega a sua proposta de modificación de relación de postos de traballo na que concretan dous aspectos que non podemos deixar pasar sen dar unha forte resposta sindical: horario especial para todo o persoal de rexistro, información e subalternos, e amortización de 83 postos de traballo botando á rúa a 55 traballadores/as.