RPT e estrutura

No Diario Oficial de Galiza (DOG) nº 40, do Xoves 26 de Febreiro de 2009, faise público acordo do Consello da Xunta de Galiza do 12 de Febreiro, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Conselleria do Medio Rural. Ista modificación xustifícase na necesidade de dar cumprimento ao acordo asinado entre a Administración da comunidade autonóma e as organizacións sindicais, respecto a regulación das condicións de traballo do persoal pertencente ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

No Diario Oficial de Galiza (DOG), do Martes 24 de Febreiro de 2009, faise público a  aprobación da modificación da relación de postos de traballo das consellerías de Sanidade e de Pesca e Asuntos Marítimos e da Consellería de Medio Ambiente e DesenvolvementoSostible. Os efectos económicos derivados do acordo dos servizos veterinarios oficiais retrotraeranse ao 31 de outubro de 2008. Ligazón ao texto do DOG.

Aquí van as fotos da Comisión de Persoal onde os lacaios de Méndez Romeu aproban o despido de máis de 55 traballadores:

 

 

A Consellaría de Presidencia volve atacar coa sua decisión de amortizar postos de limpeza e mantemento, e establecer horario especial a todo o persoal de rexistro, atención ao cidadán e subalternos. A semana pasada a consellaría pretendía incluir esto na orde do día dunha Mesa Xeral, e por "erros técnicos" tras o anuncio de mobilizacións da CIG, a Dirección Xeral de Función Pública retirou o punto da Mesa, comprometendose a que o horario especial fose voluntario e negociar coas empresas concesionarias dos servizos privatizados de limpeza para a subrrogación dos contratos de traballo do persoal despedido.

O xoves 18 de decembro, na que será unha das derradeiras Mesas Xerais de Empregados Públicos, a Consellaría de Presidencia achega a sua proposta de modificación de relación de postos de traballo na que concretan dous aspectos que non podemos deixar pasar sen dar unha forte resposta sindical: horario especial para todo o persoal de rexistro, información e subalternos, e amortización de 83 postos de traballo botando á rúa a 55 traballadores/as.