RPT e estrutura

No ano 2015 o Parlamente galego aprobou (a proposta do Goberno) a primeira Lei de Arquivos que tivo este país. Non foi unha lei imposta, foi un texto elaborado e reelaborado dende o ano 2011 que tivo varias modificacións e recortes ata quedar ao gusto do gobernó e do parlamento; recordemos en maioría do mesmo partido que dirixe hoxe Galicia, o Partido Popular.

Pois ben, estes días acábase de aprobar a Modificación de Relaición de postos de traballo (RPT) da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA); axencia que move e produce ao ano miles e miles de documentos (tano en formato electrónico e formato papel), e que necesitan unha xestión documental axeitada e non un mero almacenamento en naves de empresas privadas ou o que é peor perdas masivas ou eliminacións incorrectas.

Nestas negociacións para aprobar a dita RPT a CIG reiterou a necesidade da existencia dun técnico/a especializado na materia, non porque detectaramos ese traballo estructural senón porque temos una Lei que o dí: 

 

A raiz da modificación da RPT da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio onde esta consellaría introduce na modificación unha columna onde se encadran determinados postos de traballo de persoal funcionario en determinadas áreas funcionais, Función Pública facilitanos un documento que aborda este asunto que non foi negociado nin na Mesa Xeral nin na Sectorial de funcionarios/as e por suposto tampouco se lle deu publicidade e que afecta en moito ás condicións de traballo e mobilidade do persoal funcionario.

O documento en cuestión recolle a creación de 5 áreas funcionais onde encadrar moitos dos postos de persoal funcionario, en concreto serían as áreas de:

  • Contratación: nela incardinaranse aqueles postos que tramiten expediente de contratación administrativa. A tramitación do orzamento de contratación considerarase como actividade accesoria e, polo tanto, non determinante da área funcional do posto.
  • Económica-orzamentaria: para os postos que leven a xestión económica (orzamentaria e extraorzamentaria), así como funcións de contabilidade e tesourería.
  • Persoal: corresponderá esta área a aqueles postos de traballo con funcións de tramitación de nóminas, seguridade social, xestión de persoal e riscos laborais. 
  • Xurídica: Elaboración de disposicións de carácter xeral ou informes.
  • Inspección: postos que teñan atribuídas actuacións de inspección de centros e/ou actuacións.

Achega o Instituto Galego de Estatística unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT). Nesta proposta temos un balance neto de 3 postos destruídos e un recorte de 76.582,17 €.

Motivan o recorte en axustar a RPT aos sucesivos "axustes" que a propia Administración se impón a través das últimas leis de orzamentos. Seguimos sen apreciar a tan cacarexada "recuperación económica" pois, de novo, só propoñen máis recortes de postos públicos.

A proposta inclúe cambios na forma de provisión dalgúns postos, incluíndo o Concurso Específico.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade convocou ás organizacións sindicais a unha xuntanza para discutir o venres 22 de xullo a súa proposta de Relación de Postos de Traballo. A proposta é ampla, afecta a moitos servizos e centros de destino.

Nun primeiro vistazo moi rápido podemos observar que recupera parte do que contiña a proposta de modificación da RPT que xa discutiramos fai un ano (24/07/2015) e que ficou inconclusa.

A CIG está a túa disposición se queres indicarnos algo. Contactar coa CIG.

A CIG anuncia que presentará demanda xudicial por despedimento.

Coincidindo coa xuntanza da Comisión de Persoal de Función Pública, CIG, CCOO, UGT e representantes do sector audiovisual galego concentrábanse diante da EGAP, para denunciar a pretensión do goberno do PP de amortizar prazas no CGAI e camiñar así cara o seu desmantelamento. Ao remate da Comisión representantes sindicais confirmaban que non se movera unha coma da proposta de RPT inicial, que implica a desaparición de 3 postos de traballo e o despedimento do traballador que ocupaba o de proxeccionista.

Deste xeito confírmase tamén que tanto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, como o deputado do PP César Fernández, trataban unicamente de escorrer o vulto cando afirmaron que eran falsas as denuncias da CIG respecto do desmantelamento encuberto do Centro Galego de Artes da Imaxe (Filmoteca de Galiza) e aseguraban que non habería nin despedimentos, nin recortes.

A CIG asegura que tamén se confirma agora que a retirada da proposta de RPT da Comisión de Persoal anterior (1/6/2016) non era máis que unha medida electoralista, xa que a que se aprobou este mércores, non cambia nin unha coma respecto da presentada inicialmente.

A CIG lamenta que coa supresión destes postos de traballo o PP afonde no desmantelamento do único centro audiovisual da Galiza. Condenarase de forma irreversíbel (50% de despedimentos na área de proxección e 40% menos das prazas cas que contaba o centro) e progresivamente á Filmoteca de Galiza á súa desaparición como tal, recortando os servizos públicos que viña prestando e danando o futuro dos galegos e galegas.

Con todo, “o peor está por vir” xa que, con estas novas amortizacións “quedará sen cubrir un servizo público tan básico como necesario, que ten como fin defender e velar pola defensa da cultura e do sector audiovisual galego”.

Na CIG vamos deixar o sindicalismo e adicarnos as ciencias ocultas. As nosas facultades de adiviñación non nos faiaron no caso do posto “Xefatura de departamentos de sistemas”  da AMTEGA. A xunta fixo fai pouco unha modificación da RPT da AMTEGA a medida abrindo este posto a administración local.

Xa podemos confirmar que lle deron o posto, cunha comisión de servizo, a persoa do Concello de Santiago que habíamos vaticinado.  

Na CIG non temos nada en  contra da apertura de postos a outras administracións pero sempre que exista reciprocidade.

Esta maneira de cubrir postos traendo xente de outras administracións supón un insulto e menosprezo ao persoal propio.

Mentres a AMTEGA segue pasando do seu persoal, estamos a espera de: convocatoria de concurso de traslados, homologación salarial persoal laboral, teletraballo, externalizacións...

A Consellería de Economía, Emprego e Industria enviounos unha proposta de modificación da súa RPT, así como os proxectos de decreto de modificación ou creación de tres entes dependentes:

Estamos a túa disposición para o que queras aportarnos na seguinte ligazón: contactar coa CIG.

Nos últimos anos a situación na que se atopa o CGAI, único arquivo audiovisual e filmoteca de toda Galiza, que alberga tódalas obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego, e ó tempo asume a responsabilidade conferida desde a administración autonómica do apoio á industria audiovisual galega, pode ser calificada de MÁXIMA GRAVIDADE.

Alén de dramatismos gratuitos, desde a CIG queremos poñer en coñecemento da cidadanía, a situación que no momento presente vive o Centro Galego de Artes da Imaxe/CGAI que é, cando menos, certamente delicada.

Encadrado na Axencia Galega das Industrias Culturais/AGADIC, organismo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a supervivencia desta importante estrutura do aparato cultural institucional galego corre un serio perigo de desaparición, unha vez analizada a proposta de modificación da relación de postos de traballo do AGADIC enviada pola Xunta de Galiza ás centrais sindicais.

Achéganos a Administración as propostas de modificación das relacións de postos de ATRIGA e da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A primeira xuntanza vai ser o mércores 18 para ATRIGA e o xoves 19 para MAOT.

Para calquer observación que nos queras achegar a calquera destas propostas de RPT, estamos á túa disposición dende esta ligazón: Contactar coa CIG.

Na Comisión de Persoal do día 2/5/2016, respecto do punto da orde do día da Relación de Postos de Traballo de centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, informa o Director Xeral de Función Pública que para o cambio de adscrición van manter os criterios da memoria funcional. Tamén informa do cambio no código dun dos postos aos que se lle vai a cambiar a adscrición, concretamente o do posto do IES de Monelos (A Coruña) que se vai a adscribir ao CEIP San Francisco Javier (A Coruña), que cambia o seu código ED.C99.40.304.15001.002 polo ED.C99.40.304.15001.003.

Antes de iniciar a votación, a CIG solicitoulle a Función Pública a retirada deste punto da orde do día a través dun escrito rexistrado no que se denuncia a pretensión de amortizar 42 postos por, según os responsables da consellería, non ter dotación orzamentaria ao ser utilizada esta dotación para outros fins, sen que pasase por ningunha mesa de negociación.

Apróbase co voto en contra das catro organizacións sindicais.