RPT e estrutura

O venres 29 de abril tivemos Mesa Xeral onde se levou a RPT de centros de ensino. A Administración presenta para a mesa xeral unha proposta con moi poucas modificacións en relación ás ultimas xuntanzas: xuntanza do 23 de febreiro e xuntanza do 1 de marzo.

En definitiva, que non aceptan a proposta da CIG de crear como novos os postos os que pretenden trasladar dende os IES. Consideramos que estes postos se deben crear como postos novos e cubrilos mediante comisión de servizos ou chamamentos das listas de substitución mentres non se cubran mediante concurso.

Temos enriba da mesa unha proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo de Cultura e Educación que, resumindo en poucas palabras, destrúe 39 postos de traballo e obriga a traballar polas tardes a determinado persoal. Está prevista unha nova xuntanza para o martes 26 de abril.

O mércores 13 de abril tivemos unha xuntanza co Secretario Xeral de Cultura e Educación para discutirmos a súa proposta (é nova, estando pendente de pechar a anterior de febreiro/marzo sobre centros de ensino).

Na parte de Cultura queren liquidar 30 postos de traballo. Na área de educación, outros nove. A cambio crean 10 postos, tres deles en cultura, os outros sete en educación. Resultado: unha destrución neta de 29 postos.

No medio vai o incremento de nivel de 55 técnicos medios de arquivos, bibliotecas e museos, que pasan do nivel 16 ao 18, equiparando así a todos eles co que remata unha antiga discriminación.

Na xuntanza do día 1 de marzo, Educación segue nas súas trece sen apenas movementos. O destacable é que conseguimos que non amorticen 8 prazas ocupadas por persoal interino en centros de ensino:

  • Dúas delas quedan consolidadas, a do CPI de Catoira porque as necesidades dun centro con catro edificios fai que sexa necesario o posto de subalterno, e a do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, porque en vez de amortizar o posto inicial amortizan o outro posto dunha persoa que se vai xubilar.
  • En relación ás outra 6 prazas non se van amortizar nesta RPT quedando pendentes de como evolúe a situación e se plantexaran se non hai cambios amortizalas na seguinte RPT.

Creanse dous postos novos, no CEIP Castrillón de Coiro (Cangas) e no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, que inicialmente ía cubrirse trasladando o posto dende o IES Escolas Proval.

Polo demais só admiten os cambios voluntarios dentro da mesma localidade, como por exemplo que a praza do IES R.O do Uruguai de Vigo pase para o CEIP García Barbón, en vez de para o de Frián-Teis.

Seguen sen admitir un plan plurianual para a creación de postos de Administración Xeral en todos os centros docentes e tampouco admiten que sexan todas de nova creación en vez de realizar traslados. Plantexamos tamén que a problemática dos centros excede dunha simple RPT e que hai que abordar a cuestión das funcións, cousa que Educación non quere. O mesmo sucede coa revisión de ratios e criterios para a dotación de persoal dos centros.

En definitiva que a pesares de haber algún avance positivo, Educación segue enquistada no inmobilismo.

O martes 23 acudimos á xuntanza convocada pola consellería de educación para tratar a súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo, consistente, en grandes liñas, en dotar de persoal auxiliar algúns colexios (aqueles que contasen con máis de 400 alumnos, ou con 350 e servizo complementario de transporte e/ou comedor). A proposta implicaría o desprazamento de 35 funcionarios e funcionarias de IES, así como a amortización de 77 (moitas delas sen dotación orzamentaria, outras 8 ocupadas con persoal interino, e 3 en comisión de servizos).

A consellería comeza informando que a para a financiación das creacións pretende amortizar 24 prazas de profesores de relixión, algo que non aparece na memoria funcional que nos entregaron.

A grandes liñas, esto foi o que manifestou a CIG:

A proposta de Educación suporía un importante cambio na distribución dos postos de persoal funcionario, con numerosas creacións, eliminacións e desprazamentos dende IES a colexios.

A Consellería de Educación enviounos unha proposta de modificación da súa RPT que busca dotar de persoal auxiliar administrativo todos os colexios de educación infantil e primaria que teñan máis de 400 alumnos/as ou 350 no caso de dispoñer de servizos complementarios de transporte e/ou comedor. A CIG leva anos pedindo a creación de prazas de Administración Xeral en todos os centros de ensino, pero o que fai a Administración non é crealas (ademais de facelo só nunha ínfima parte dos centros), senón trasladar persoal duns centros a outros, reducindo prazas nos IES e trasladando forzosamente a funcionarios/as ou amortizando prazas.

Para atender esta importante reasignación de efectivos, desprazan 35 auxiliares administrativoos de diferentes IES (13 de concellos de Coruña, 4 de Lugo, 8 de Ourense e 10 de Pontevedra) e crean 63 novos postos (a maiores de regularizar en RPT outros 11 xa dotados previamente), que financian mediante a eliminación de 77 postos existentes, dos que 8 están ocupados por funcionarios/as interinos/as que se van á rúa e 3 por persoas en comisión de servizos. Os postos eliminados incluen postos de persoal subalterno, auxiliares administrativos e algunhas xefaturas de secretaría.

Os sindicatos estamos convocados a discutir o asunto con Educación o xoves 18. Dende a CIG xa enviamos unha solicitude de aprazamento da xuntanza, pois a proposta da consellería é bastante máis que unha simple modificación da RPT e necesitamos tempo para difundir a información e recibir o que nos quera transmitir o persoal (escribenos a autonomica@cigadmon.gal).

Pola nosa parte a cousa non vai quedar aí. Levamos tempo detectando un importante incremento dos conflitos en centros de ensino o que motivou que en outubro do ano pasado solicitaramos unha xuntanza con Educación para falarmos dos problemas e expoñerlles diversas demandas. As persoas con responsabilidade na consellería non se dignaron a recibirnos, así que agardamos con entusiasmo a xuntanza.

Nota: Educación aceptou a nosa petición e apraza a xuntanza para o martes 23 de febreiro.

A AMTEGA aproveita a convocatoria da reunión para  modificación da RPT (despois de rematado o prazo de presentar alegacións) para intentar colarnos un cambio de última hora.

Concretamente pretenden que o posto de  xefatura departamento de sistemas poida ser ocupado por persoal da Administración local e polo sistema de Libre Designación. Nin sequera se lle esixe ser de escalas ou corpos informáticos ou ter unha titulación informática.

Intentan xustificar esta modificación dun único posto de traballo cunha memoria funcional de 5 páxinas, o que nos resulta sospeitoso porque normalmente non se estenden tanto.

Seica lle están preparando o posto para algún amigo dun concello que quedou sen “carguiño” tras as últimas eleccións locais.

Nota: posteriormente a este resumo, Sanidade envía correo confirmando que a proposta de modificación da RPT queda para setembro.

O venres 24 de xullo tivemos unha xuntanza con Sanidade para discutir a súa proposta de modificación da RPT. A proposta consiste na amortización de 15 postos de traballo, todos eles de corpos xerais, en servizos periféricos, vacantes, correspondentes a xefaturas de sección, negociado, grupos e postos base C2. Deses 15 postos, 5 xa non entraran no concurso de traslados de corpos xerais que está actualmente en trámite; os outros 10 si que entraran, polo que pretenden que, a estas alturas, Función Pública proceda a retiralos. A amortización tería unha segunda parte, en setembro, cando farían unha proposta de creación de prazas.

A xustificación que ofrece Sanidade é ben pobre: na memoria da proposta fan un extenso relato normativo, pero non acaban de explicar as razóns que os levan a propoñer a amortización dos postos; limítanse a dicir que "é necesaria unha reorganización polos cambios establecidos na xestión dos servizos sanitarios, a simplificación e automatización dos procedementos administrativos", e prevén trasladar as cargas de traballo dos postos administrativos que amortizan a postos técnicos, sen máis explicación.

A Lei 2/2015 do emprego público de Galiza (LEPG) cambia a regulación sobre a contratación do Persoal Eventual (o persoal dos gabinetes que non teñen que ser necesariamente empregados/as públicos/as, e que cesan ao cesar o/a alto cargo ó/á que prestan servizo). Coa entrada en vigor da nova LEPG, só poden designar persoal eventual os membros do Consello da Xunta.

Atopamos aquí que o persoal eventual nomeado polos/as delegados/as territoriais da Xunta están nun baleiro que xenera unha situación curiosa:

Exposición de motivos da LEPG:
[...] no que respecta o persoal eventual séguese unha orientación restritiva, que no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma implica a súa limitación unicamente ás tarefas de apoio aos membros do Consello da Xunta de Galicia e a prohibición expresa do seu nomeamento polas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Art. 32.1 LEPG: Persoal eventual da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
1. No ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia o persoal eventual só pode ser nomeado polas persoas integrantes do Consello da Xunta para realizar funcións de asesoramento especial ou apoio a estas no desenvolvemento do seu labor político, no cumprimento das súas tarefas de carácter parlamentario e nas súas relacións coas institucións públicas, cos medios de comunicación e coas organizacións administrativas, así como actividades protocolarias.

Os/as delegados/as territoriais non son membros do Consello da Xunta e polo tanto xa non poden nomear persoal eventual.

As RPTs de Traballo (centrada no persoal laboral), da Axencia de Turismo (ATURGA, que afecta a toda a axencia) e da Axencia de Infraestruturas (AXI, referente a dous postos) continuará o seu trámite na Comisión de Persoal o venres 10 de xullo, despois de pasar pola Mesa Xeral de Negociación o martes 7. E continuarán como xa nos ten acostumado o goberno de Feijoo: sendo un paripé, un trámite formal, sen cambios entre as dúas reunións.

RPT de Traballo

Na Mesa Xeral fixemos un repaso ás nosas alegacións presentadas nas xuntanzas previas. Por dar unhas ideas do manifestado:

  • Defendemos que os 63 postos que crean de fin de semana, sexan de xornada completa, algo que facemos extensivo aos postos de fin de semana xa existentes. Esto é necesario para a recuperación dos descansos e compensacións que nos roubaron. A proposta, que é insuficiente, non soluciona os problemas, e no seu lugar crea precariedade.
  • Os pluses que ofrecen son insuficientes. Entendemos que teñen que harmonizar os pluses nas diferentes residencias. Non conformes con que nalgúns servizos uns traballadores cobran pluses e outros non. Non estamos conformes que en servizos como RISGA ou Dependencia non estean a cobrar o plus de responsabilidade.
  • Esiximos que se modifique o criterio de elaboración de carteleiras ao dotar de persoal aos centros e que se elimine a obrigatoriedade de facer un mínimo de 1665h, xa que o convenio marca como máximo e non mínimo como ocorre hoxe en día.
  • Queremos data para recuperar os dereitos subtraidos do convenio colectivo.

Achegounos a Administración dous documentos como resultado da xuntanza que tivemos o día 8/5/2015 sobre a proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo, e que contén un acordo de funcionamento das Oficinas de Turismo.

Un dos documentos recolle unha serie de cambios sobre a RPT. O outro documento é unha modificación sobre o acordo das Oficinas de Turismo (a CIG insiste en querer unha negociación separada).

Na anterior xuntanza pedimos unha nova reunión despois de recoller as opinións dos emrpregados/as públicos/as das Oficinas de Turismo sobre o novo borrador de acordo e antes da Mesa Xeral.

Se tes calquer consideración, podes achegárnola ao correo autonomica@cigadmon.gal.

Descargar documentos.