RPT e estrutura

Achéganos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, convocatoria e documentación para discutirmos unha modificación da súa RPT, que vai ser o venres 24 de abril (tan só nos dan 48 horas para organizarnos e estudalo, boa mostra da súa atitude).

A xuntanza vai ser a continuidade das anteriores de data 13/02/2015 e 25/02/2015, que rexeitamos. Segundo a CMATI, "A consellería, facéndose eco da polémita suscitada en relación con esta concreta proposta de amortización de postos ocupados e da oposición manifestada polas centrais sindicais ao despedimento deste persoal, acordou na dita reunión a reformulación de dita proposta".

Engade a consellería que, non obstante o anterior, é prioridade a reorganización da súa área medioambiental.

Poñémonos a estudalo. E como sempre, se queres achegarnos algo, estamos en autonomica@cigadmon.gal

Descargar

Na xuntanza do 21 de abril coa consellería de Traballo e Benestar, a maiores de tratar o relativo á creación de postos de persoal laboral en centros de benestar, a consellería fai unha unha proposta de modificación da relación de postos de traballo de persoal funcionario.

Traballo crea 15 postos de persoal funcionario, todos eles xefaturas de sección e negociado, pero destrúe 24 postos, dous deles xefaturas de servizo por adaptación da estrutura, e os outros 22 maioritariamente postos base de diversos grupos. Por se non abondase, engaden méritos e requisitos a determinados postos, como algunha experiencia ou titulación.

Por resumir cunha palabra: impresentable.

Descargar proposta da consellería.

A CIG diante da proposta de supresión/refundición/ordenación de categorías profesionais do persoal laboral achegadas pola Dirección Xeral de Función Pública, presentou as seguintes alegacións:

  • Que na xuntanza celebrada o pasado 31/07/2014 entre a dirección xeral da Función Pública e as OOSS, o Director Xeral comprometeuse á negociación das bases e a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral  para o mes de outubro seguinte; concurso aberto a tódalas categorías de cada grupo de acordo coas agrupacións profesionais a negociar.
  • Que o pasado decembro a dirección xeral da Función Pública achegou unha memoria proposta de refundición ou supresión  de categorías do persoal laboral naquelas nas que consideraba que non había ningún traballador/a desempeñando as mesmas. Esta organización sindical, no prazo previsto, achegou as alegacións contrarias  á supresión das categorías nas que si había traballadores/as.
  • Que a última proposta, achegada vía e-mail  o pasado 18/02/2015 altera substancialmente o itinerario acordado na xuntanza do pasado 31/07/2014 pois o seu obxectivo non é a convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral unha vez resoltas as agrupacións profesionais para a súa apertura ás distintas categorías do mesmo grupo, e unicamente propón unha serie de supresións, agrupacións e declaracións de extincións, sen a mínima explicación ou memoria que ampare esta pretensión.
  • Esta organización sindical, rexeita na súa totalidade a proposta de supresión/refundición/ordenación das categorías profesionais do persoal laboral e, diante da dirección xeral da Función Pública

Diante de todo isto, a CIG ven de solicitar a retirada desta proposta de supresión, refundición e ordenación de categorías profesionais do persoal laboral e a inmediata negociación da convocatoria do concurso xeral de traslados do persoal laboral.

Na xuntanza celebrada o 25 de febreiro de 2015 entre as centrais sindicais e representantes da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a Administración anunciou que da marcha atrás e non procederá a ningún despedimento de traballadoras ou traballadores.

Deste xeito recúa nas intencións de amortizacións de 10 postos que están ocupados e procederá a enviarnos unha nova proposta.

Celebramos o éxito desta retirada pero o consideramos insuficiente xa que as reformas que tenta levar a cabo a Consellaría son enormes e tendentes a privatización dos servizos públicos. Celebramos que houbera unanimidade sindical na oposición a estes recortes a agardamos que continúe ante o panorama que nos plantexa a Administración onde nos espera o peche dos parque naturais co obxectivo de aumentar a politización do medio ambiente mediante a creación de dúas xefaturas, unha na zona norte e outra na sur, que atenderán indistintamente a todos os parques naturais do país obviando o territorio e nomeados por libre designación para que sexan permeábeis as presións para a desprotección do territorio que comprende os actuais parques e á rede natura.

A todo isto hai que engadir que a CMATI e a Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) seguen a manter a intención de eliminar máis de 91 postos de traballo que, aínda que non ocupados, constitúen un ataque gravísimo aos servizos públicos.

Deixámosche neste enlace as alegacións presentadas pola CIG

Tes á túa disposición tamén a documentación que nos remitiu a CMATI neste enlace e a que nos mandou a AGI nestoutro.

Vicente Pérez Muñuzuri, Director de MeteoGalicia e Subdirector Xeral de Meteoroloxía e Investigación da Xunta de Galicia ven de anunciarlle aos traballadores do servizo meteorolóxico que ten presentado a súa dimisión, que se fará efectiva en canto a Consellería atope un substituto axeitado para o posto.

A principios desta semana a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI) presentou a súa proposta de modificación da RPT (relación de postos de traballo) na que se propón amortizar 101 prazas de persoal público, (41 delas na Axencia Galega de Infraestruturas) das que 10 actualmente están ocupadas por persoal laboral indefinido, o que supoñerá o despedimento destes empregados públicos, que se concentran especialmente no departamento dirixido por Pérez, xa que a esa subdirección pertencen 6 das persoas afectadas (3 de MeteoGalicia e 3 no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, unha delas en Lourizán).

De entre estes despedimentos, 3 corresponden a persoal de MeteoGalicia que veñen a continuar a progresiva redución de efectivos do servizo meteorolóxico galego iniciada no 2011 polo daquela Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. Desde entón, MeteoGalicia veu reducida o seu cadro de persoal nun 25% mentres dende o Goberno da Xunta se mantiña que "defenden a súa continuidade" fronte á ameaza de desaparición que supuñan as conclusións da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

As organizacións sindicais estabamos convocadas a unha xuntanza o venres 13 coa consellería de Medio Ambiente, para tratar a súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo, na que destacaba a destrución de 101 postos de traballo.

A experiencia fainos saber que neste tipo de xuntanzas é posíbel modificar algunha cousa, pequena, sobre os postos de traballo: suprimir algún requisito imprescindíbel, cambiar a titulación requirida, cambiar a experiencia por formación, pasalo de requisito a mérito. Inclusive nalgunha ocasión teñen servido para cambiar a forma de acceso de libre designación a concurso, abrir a máis grupos. Ata temos visto como retiran a proposta de supresión dalgún posto.

Pero a experiencia tamén nos fai saber que o habitual é que as xuntanzas sexan un mérito trámite de audiencia, onde a proposta sae como entra.

Que a consellería nos convoque a discutir a destrución de 101 postos, un venres, ás 12:30 da mañá, significa que teñen a intención de despachar o asunto nunha ou dúas horas, como moito nos poderían convocar a unha segunda xuntanza se o tivesen a ben, e de aí pasaría á Mesa Xeral, Comisión de Persoal e DOG.

A modificación desta RPT supón o inicio da destrución dos servizos periféricos do Medio Rural e do Mar, un "ERE" da Administración.

Os argumentos da administración para esta modificación da RPT (a segunda en menos de dous anos), coa supresión de 134 postos de traballo, xiran arredor do axuste de 3,2 millóns de euros en amortizacións que impón a lei de orzamentos de 2015. Ante esta situación das vacantes puras existentes e a través dos centros directivos (xefaturas territoriais e direccións xerais) escolléronse 130 postos a amortizar (os outros catro corresponden a adaptacións á nova estrutura). Indican que todos os postos escollidos non están ocupados, non causan perxuízo e que o fan por un mandato legal (Ley creada por este mesmo goberno).

Por parte da CIG, manifestamos o noso desacordo coas amortizacións propostas e as intencións de desmantelamento dos servizos públicos. Argumentamos que:

A Conselleria do Medio Rural e do Mar achegou ás organizacións sindicais documentación funcional e económica da nova proposta de Relación de Postos de Traballo na que destaca a destrución doutros 130 postos de traballo, dos cales 80 corresponden a persoal funcionario e 50 a persoal laboral. A xuntanzxa para discutilo será o día 3 de febreiro.

Ésta proposta de amortización levarana ao efecto dacordo coa Lei 11/2014, do 19 de Decembro, de Orzamentos Xerais para o ano 2015, aprobada no Parlamento Galego, coa maioría do partido liderado polo Sr. Feijóo.

Non lles chegou, non lles abondou coa amortización de postos na Conselleria do Medio Rural e do Mar de fai uns meses atrás, que agora voltan as andadas cunha nova proposta, o que fai que nos derradeiros meses dilapiden centos e centos de postos de traballo públicos, ós cales, dende a CIG vimos reiterando por activa e por pasiva a súa cobertura, dada a necesidade de efectivos nos diferentes centros. A CIG faralle frente, tanto na rúa coma nas mesas de negociación polas que discurra esta proposta de modificación, xa que entendemos da necesidade imperiosa de seguir mantendo os empregos públicos existentes, rexeitando polo tanto calquer modificación que se leve ao efecto polo Partido Popular.

A Vicepresidencia da Xunta volve remodelar a súa relación de postos de traballo (RPT), por terceira vez no 2014. Din que buscan crear xefaturas porque non se ocupan certas prazas, pero o certo é que destruen 21 postos de traballo, que se suman aos outros 112 eliminados na anterior modificación.

Alfonso Rueda saca a tesoira, corta 21 postos, todos eles de nivel base de diversos grupos, e crea 13, todos eles xefes que así pode nomear a dedo ou en comisións de servizo, ata a seguinte modificación da RPT, abondando así no clientelismo no que ten sumida a súa consellería.

Mentres destrue emprego público, privatiza servizos, como a limpeza das dependencias xudiciais que serán entregados a empresas amigas. É inmoral que manteña persoal de limpeza con 2, 4 ou 6 horas de contrato que convive con traballadores/as de empresa privada.

A Escola Galega de Administración Pública convocou unha xuntanza o pasado venres día 14 de novembro na que se amortizaba unha praza de telefonista da súa RPT.

Son incontábeis xa o número de postos que ten destruído o PP dende que goberna a Xunta de Galiza e, dende a CIG, estamos novamente en contra desta práctica sistemática de destrucción de emprego público.

Os xestores da EGAP, seguindo o argumentario doutras consellarías e organismos, esgrimen que é a lei a que lle obriga a amortizar logo de se producir unha xubilación.

A CIG considera este argumento falaz. Primeiro porque o aprobou o grupo do PP no Parlamento, cousa que pode mudar cando queira e, segundo, porque utilizalo é autoxustificativo e recursivo: Hai que facelo porque o eles din que hai que facelo.

Ademais do anterior, a Xunta xustificou que esta amortización a realizaban porque tiñan un posto da RPT que saiu (e se cubriu) no anterior concurso de Corpos Xerais sen estar dotado orzamentariamente. Unha chapuza máis nesta nosa administración demasiado acostumada a desvestir un santo para vestir outro.

Como remate esperpéntico da situación a memoria económica non coincide coa valoración que fai orzamentos da praza a amortizar. Chapuzas PePeiras, SA