Programación Xornadas de prevención
Resolto o concurso que gañou novamente MUGATRA, programaranse xornadas específicas no IMPA (Vigo), CIMA (Corón), RIBADEO (Lugo), FERROL (Coruña). Faltan por confirmar as datas, remitiránse por correo electrónico.

Programación actividade preventiva no 2012

Hai un calendario preparado que nos enviarán, e daremos a coñecer.

Funcionamento medios/equipos xestionados polo Servizo de Gardacostas

Eliminarase o halador da planeadora “Illas Malveiras”. Dotarase de faixa de reforzo dorso-lumbar a un traballador do servizo.

Asuntos pendentes de resolución

  • O manual de biólogos segue pendente ( 3 anos). A xefa de coordinación da área do Mar de Pontevedra comprométese a axilizar a elaboración. O manual de laboratorio está a elaboralo o ISSGA. Colgarase na páxina do servizo de prevención.

  • Listados de químicos: Enviaranse a MUGATRA, aínda que os médicos desta empresa  consideran que non están obrigados a facer analíticas especificas para este tipo de productos. A lei obriga, segundo as características dos compostos químicos a facer vixilancia da saúde específica.A CIG solicita que MUGATRA resposte por escrito con relación a este tema.

  • Protocolos de saída ao mar no INTECMAR. A decisión de saída será tomada pola directora do centro. Ademais estase a elaborar un protocolo específico para este tema.A CIG solicita que este protocolo sexa extensivo a todos/as mostreadores/as que ten a Consellería.

  • EPIS do servizo de gardacostas. A CIG insiste novamente na dotación de EPIs (Equipos de Proteción Individual) ao persoal do servizo de gardacostas.Como desde a subdirección indican que existen e están homologados para loita contra a contaminación, esiximos que se indique onde están e se distribuan entre o persoal. Con respecto os verquidos, indica que cando se produzan se analizaran para saber de que se trata e se dotara de roupa específica segundo o verquido. Isto imposibilita un ataque real contra os verquidos, xa que se terían que producir en días laborables en horario comercial para poder dotar o persoal dos EPI´s necesarios. O presidente do CSS comprométese a facer as xestións necesarias diante da subdirección xeral de gardacostas, dando un prazo de 15 días para telo resolto.

Suxestións
A CIG propón a celebración dunha permanente monográfica coa avaliación de riscos do IMPA, que podería celebrarse no propio centro. O presidente do CSSL comprométese a marcar data no que queda de mes para celebrala. Proponse como data para a celebración do próximo comité o 26 de xuño.