O Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta leva tempo falando de que "en breve" comezará a campaña de vixilancia da saúde deste ano. O atraso na execución debese ao concurso público de contratación coa empresa encargada da vixilancia da saúde na Xunta, que de novo volveu a levarse MUGATRA.

Despois de contactar co SPRL, este informa que ata o 23 de abril a adxudicación do contrato non será definitiva e polo tanto non pode levarse a cabo a campaña de vixilancia da saúde. Porén, aseguran que a finais deste mes sairá publicado no DOG o prazo de inscrición. Para axilizar o proceso, procurarán comezar as revisións médicas segundo a orde de inscrición aínda que non estea rematado o prazo.