Inicio
Xoves, 25 Abril 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar (18/04/2024)

Punto 1. Lectura e aprobación da acta da reunión anterior

Apróbase o contido da reunión anterior (21/11/2023) onde se incorporan as alegacións presentadas pola CIG onde indicamos que as embarcacións do servizo de Gardacostas sexan considerados como lugares de traballo e por tanto se avalíen os seus riscos laborais.

Punto 2. Formación dentro do marco da Seguridade e saúde laboral

Informa a Consellería que a formación en materia de seguridade para persoal que embarca, non está dispoñible ...


Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de:

- Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.


Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de selección.

A AGASP vén de convocar a actividade formativa “Análise de incendios forestais”, de 120 horas e 40 prazas, ...


Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa. 

O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos, dado que afecta á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a ...


Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial).

No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da relación de prazas que teñen reserva. Ao tempo, reclamamos a convocatoria inminente das prazas de concurso específico, que ...


Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas.

Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de competencia da comunidade galega e non afondan en dar solucións aos principais problemas deste persoal que sí son cuestións de ...


Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza.

O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese dereito íase manter parar o persoal laboral funcionarizado da citada consellería pero na práctica foille retirado. É ...


Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada.

A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do Estatuto das Persoas Traballadoras.

Agora, vimos de denunciar perante a Valedora do Pobo a conculcación, na práctica, ...


Mércores, 03 Abril 2024

A CIG solicita que o grao en Educación Social sexa a única titulación habilitante para exercer como educador/a social

A CIG presenta unha proposta para que se modifique a Lei de Emprego Público de Galiza de tal xeito que o grao en Educación Social sexa a titulación especializada única que habilite para o exercicio da profesión de Educador/a Social

A CIG vén de presentar perante a Dirección Xeral da Función Pública e ante as Secretarías Xerais Técnicas das consellerías onde está presente a figura dos/as Educadores/as Sociais (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ...


Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos.

De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta.

Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter coñecemento de que determinados postos que non están no listado inicial deberían aparecer porque son vacantes, o que ...


Venres, 15 Marzo 2024

Que pasa coas gardas dos axentes do Servizo de Patrimonio Natural?

O Servizo de Patrimonio Natural en Ourense un ano máis queda sen periodo extraordinario ao comezo da tempada de pesca, e repetirá a tempada de caza sen reforzo do persoal. Do resto, a pesar das demandas de ampliación, seguen co periodo recortado de dous meses

Unha das tarefas fundamentais dos axentes ambientais que traballan no Servizo de Patrimonio Natural é a vixilancia e control das actividades de pesca fluvial e a cinexética, e para iso compre o reforzo coa ampliación horaria coas ...


- Non existen protocolos de actuación en materia de prevención destinados a evitar situacións de risco. Riscos que poden derivar en danos persoais ou na morte, como desgraciadamente ocorreu recentemente.

Incumprimento do artigo 17 relativo a equipos de traballo e medios de protección:

- Non se subministra ao persoal do SPDCIF todo o material necesario para a realización das súas tarefas, existindo diferencias nas características do mesmo.

- Non se lles está a dar conta aos/as delegados/as de prevención da compra de material do SPDCIF, a pesares de estar constituída unha mesa específica para este tema, ao abeiro do V Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Formación dos/as traballadores/as:

- Incumprimento do deber de protección que ten o empresario en materia de formación, xa que non se facilita a formación adecuada ao posto de traballo, nin se realiza periodicamente (artigo 19).

Xornada de traballo:

- Non se está a contratar persoal de reforzo suficiente para o SPDCIF. Esto, xunto coa falla de cobertura tanto das baixas de curta e longa duración, como das prazas vacantes, obriga ás brigadas existentes a superar a xornada de 12 horas máximas de traballo en extinción. Ao mesmo tempo, fai que non se respecte o descanso mínimo de 12 horas contemplado no V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia, e no Acordo sobre condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF.

- Varíanse os horarios das brigadas con menos de 24 horas, a pesares de que o Convenio estableza un mínimo de 72 horas para estas modificacións, coas consecuencias que conleva en relación á conciliación da vida familiar e laboral, e cunha posible merma na calidade de prestación do servizo.

Por todo isto solicitamos que se adopten as medidas necesarias para solucionar todos os problemas enumerados, xa que dela dependen a seguridade das persoas, a seguridade dos nosos montes, o desempeño eficiente do traballo e a efectividade e profesionalidade do Servizo.