- Non existen protocolos de actuación en materia de prevención destinados a evitar situacións de risco. Riscos que poden derivar en danos persoais ou na morte, como desgraciadamente ocorreu recentemente.

Incumprimento do artigo 17 relativo a equipos de traballo e medios de protección:

- Non se subministra ao persoal do SPDCIF todo o material necesario para a realización das súas tarefas, existindo diferencias nas características do mesmo.

- Non se lles está a dar conta aos/as delegados/as de prevención da compra de material do SPDCIF, a pesares de estar constituída unha mesa específica para este tema, ao abeiro do V Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Formación dos/as traballadores/as:

- Incumprimento do deber de protección que ten o empresario en materia de formación, xa que non se facilita a formación adecuada ao posto de traballo, nin se realiza periodicamente (artigo 19).

Xornada de traballo:

- Non se está a contratar persoal de reforzo suficiente para o SPDCIF. Esto, xunto coa falla de cobertura tanto das baixas de curta e longa duración, como das prazas vacantes, obriga ás brigadas existentes a superar a xornada de 12 horas máximas de traballo en extinción. Ao mesmo tempo, fai que non se respecte o descanso mínimo de 12 horas contemplado no V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia, e no Acordo sobre condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF.

- Varíanse os horarios das brigadas con menos de 24 horas, a pesares de que o Convenio estableza un mínimo de 72 horas para estas modificacións, coas consecuencias que conleva en relación á conciliación da vida familiar e laboral, e cunha posible merma na calidade de prestación do servizo.

Por todo isto solicitamos que se adopten as medidas necesarias para solucionar todos os problemas enumerados, xa que dela dependen a seguridade das persoas, a seguridade dos nosos montes, o desempeño eficiente do traballo e a efectividade e profesionalidade do Servizo.