• Incluir na listaxe de vixilancia da saúde da CMATI os postos cos seguinte denominación: Axentes Forestais/Facultativos  Medioambientais.

  • Vaise aplicar o protocolo de vixilancia da saúde destes postos en Medio Rural: Asma Laboral, Tóxicos, traballo a turnos e manipulación de cargas; quedan só pendentes os riscos biolóxicos dos que solicitamos a súa inclusión pola manipulación de animais mortos e vivos e traballo en alertas sanitarias como gripe aviaria ou outras que podan surdir.

  • Comprometeronse a pendurar un aviso na paxina web e avisar a MUGATRA, porque xa estaba rematado o prazo de inscripción para a vixilancia da saúde, e que aquelas persoas que o solicitaron forzosamente noutro posto comuniquen que son axentes no momento de facer a revisión médica para que se MUGATRA lle aplique o protocolo adecuado.


Por outra parte, recordámoslle que o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da CMATI non se reúne dende ao menos 4 anos. Desde a a CIG demandamos a súa convocatoria e que desde este se acorde a inclusión dos riscos biolóxicos no protocolo de vixilancia da saúde dos axentes, así como a revisión dos protocolos aplicados en todolos postos.