Dende a CIG detectamos que nas categorías/postos que aparecen na listaxe da CMATI para solicitar a vixilancia da saúde non aparacen os Axentes Forestais/Axentes Facultativos Medioambientais polo que nos reunimos co Servizo de Prevención da Xunta de Galicia.

Os resultados de dita xuntanza foron os seguintes:

  • Inclusión na listaxe de vixilancia da saúde da CMATI os postos coa seguinte denominación: Axentes Forestais/F. Medioambientais.
  • Aplicación do protocolo de vixilancia da saúde destes postos na CMR: Asma Laboral, Tóxicos, traballo a turnos e manipulación de cargas, quedando pendentes (segun eles íano estudar) os riscos biolóxicos. Solicitamos a súa inclusión pola manipulación de animais mortos e vivos e traballo en alertas sanitarias como gripe aviaria ou outras que podan xurdir.
  • Dende o servizo de Prevención comprometeronse a pendurar un aviso na paxina web e avisar a MUGATRA, porque xa estaba rematado o prazo de inscripción para a vixilancia da saúde, e que aquelas persoas que o solicitaron forzosamente noutro posto comuniquen que son axentes no momento de facer a revisión médica para que se MUGATRA lles aplique o protocolo adecuado.

Avisamos a todos os compañeiros e compañeiras que comuniquen aos seus delegados e delegadas de ter algún problema na aplicación dos protocolos axeitados as funcións e riscos do seu posto na vixilancia da saúde.