1. Presentouse información sobre accidentes e incidentes de traballo tramitados na mutua que non deron lugar a baixa médica desde xaneiro de 2013 ata o 15 de novembro de 2013. Acórdase que é necesario saber o posto de traballo ou a categoría profesional co fin de poder intuír as causas e aplicar  ou revisar as medidas preventivas de se-lo caso.
  2. Pediuse aclaración sobre o estado da base e vestiarios da demarcación de Betanzos no Distrito Forestal II. Acórdase buscar un lugar habilitado dispoñible nunha parte mais céntrica do distrito apto como punto de encontro. Proponse o CIAM, xa que pode ter espazo suficiente e control de acceso as 24h. En relación con este punto e xa que houbo requirimento por parte de inspección de traballo para subsanar as condicións desta base e doutras demarcacións, pedimos que os requirimentos sexan canalizados cara este comité para ter coñecemento e tratar de acordar solucións.
  3. Acórdase solicitar desde este comité que se publiquen as avaliacións de riscos na páxina web da Xunta e que se estude forma e posibilidade de pendurar as actas aprobadas do comité de seguridade.
  4. Tras a análise da listaxe elaborada pola consellería sobre a existencia de taquillas nos centros de traballo na área do medio rural, detéctase unha grave carencia en numerosos centros de traballo. Ante esta situación acórdase instar á Secretaría a compra de taquillas para os centros que non dispoñen, a busca de taquillas de outros centros que non están sendo utilizadas e facer unha listaxe preliminar de postos que desenvolve tarefas de campo e precisan taquillas.
  5. O servizo de Prevención presentou unha enquisa ou proba específica de axentes químicos que se esta a facer ao persoal para determinar a súa exposición a tóxicos. Neste sentido, acordouse recordarlle por escrito ás xefaturas territoriais que todo o persoal que manexe produtos fitosanitarios teñen que estar en posesión do carné preceptivo para o manexo de fitosanitarios. Neste mesmo punto acordouse instar á consellería a realizar cursos específicos e a estudar si as prazas poden estar limitadas por RPT.
  6. O servizo de Prevención presentou unha avaliación de riscos dos postos adscritos aos distritos forestais que viñamos esixindo desde vai anos. Acórdase que esta é unha avaliación inicial e ampliar as tarefas incluídas na avaliación a todas aquelas que non teñen contacto directo co lume (extinción). Reclamamos a inclusión dos riscos sicosociais e o traballo en illamento (solitario) dos axentes forestais. Desde a CIG presentaremos achegas ao documento nos vindeiros días.
  7. Presentouse información sobre o grupo de traballo constituído para a análise dos riscos sicosociais na consellería do Medio Rural e do Mar. Houbo dúas reunións (maio e xuño) nas que se delimitaron os parámetros e cuestión da enquisa seguindo o método de ITSAS. Como proba piloto delimitouse servizos centrais. Está pendente que AMTEGA prepare un programa para a recollida e xestión electrónica das enquisas.

* No apartado de rogos e preguntas pediuse que no vindeiro CSSL se debata sobre que as RPT´s pasen polo CSSLMR. Amais desde a CIG propuxemos  que os EPIS sexan valorados (cumprimento da normativa e operatividade) nas visitas de avaliación de riscos e tamén as carteleiras ou cuadrantes de traballo.