1.-Protocolo Gripe A:

A Administración presentou o comité as liñas básicas de actuación ante a Gripe A; trasladarase ó Consello da Xunta e as centrais sindicais.

Estabelecerase a relación de servizos esenciais, que remitiran próximamente.

Desde a CIG, pedimos que se elaboren protocolos mais detallados para aqueles centros que teñan asistidos (C. Traballo e Benestar) e para persoas con especial sensibilidade que poidan verse afectadas en maior medida.

Así mesmo, pedimos tamén que vaian remitindo a incidencia desta pandemia no persoal da Xunta.

2.-Proposta novo modelo de enquisa: 

A Administración propón un novo modelo de enquisa, máis breve cá anterior, co fin de que sexa máis axil a súa cobertura.

Con respecto a enquisa a CIG solicita que se facilite nos distintos centros aos traballadores, ben vía Internet ou, para aqueles centros nos que non todo o persoal teña acceso a este medio, en papel. Consideramos imprescindible que as enquisas sexan entregadas os técnicos de prevención antes da Avaliación de riscos e non despois como se ven facendo en moitos casos.

3.-Actuacións preventivas nos traballos en aillamento:

Este punto foi engadido na convocatoria a petivción da CIG; despois de remitir toda a documentación que está recollida no INSHTsobre este tema, a Administración só se comprometeu a facer un informe sobre o persoal afectado, chegando incluso un representante da Mutua a negar a validez da normativa elaborada polo INSHT. Desde a CIG respostámoslle que o INSHT é o organismo de referencia a nivel estatal.

4.-Funcionamento dos comités de seguridade e saúde laboral (CSS): Recálcase o incumprimento dos regulamentos dos distintos CSS de cada departamento en materia de reunións.

Sobre este tema a CIG manifesta que a responsabilidade última do cumprimento recae nas Consellarías e en especial na Consellaría de Traballo e Benestar e no Consello da Xunta; así mesmo, recalcamos que desde este sindicato enviamos escritos ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) e á Consellaría notificando as deficiencias no funcionamento dos CSS e do SPRL.

5.-Formación persoal novo ingreso:

Para aquel persoal que se faga un único chamamento daráselle un módulo de prevención; para o resto de persoal será obrigatorio un módulo de teleformación.