1. Como consecuencia da denuncia feita pola CIG, a administración voltará a iniciar o procedemento de contratación dos EPI´s de prevención. Desta volta os pregos de contratación terán que ser revisados previamente polas organizacións sindicais.
  2. O vicesecretario xeral comprometeuse a crear, coordinados coa consellería de Medio Ambiente, un grupo de traballo para a roupa de prevención e dúas comisións que estuden unha orde de uniformidade e un regulamento para axentes.  
  3. A CIG presentou alegacións por escrito á avaliación de riscos dos postos adscritos aos distritos forestais, que fan referencia a: non se contou para a avaliación coa participación das persoas traballadoras, non se avaliaron todos os postos de traballo, non se fixeron visitas previas aos postos a avaliar, non se tiveron en conta todas as tarefas realizadas polos distintos postos de traballo, non se identificaron numeoros riscos, non se recolle o establecido na normativa referida a maternidade e lactancia natural, non se realizaron enquisas para a avaliación dos riscos sicosociais.
  4. A CIG preguntou polo estado da OAC de Celanova que presenta grandes deficiencias e non se cumpre o plan de acción. A administración indícanos que se está pendente do traslado desta dependencia a unha nova ubicación eu que se producirá antes de fin de ano.
  5. Indicousenos que se vai iniciar un procedemento de contratación de taquillas. Desde a CIG manifestamos que non se tiñan contemplado estas para os técnicos das oficinas agrarias, cando si aparecían nos primeiros borradores.
  6. As organizacións sindicais reclamaron a adaptación a emerxencias (BTP) dos vehículos dos distritos forestais así como a incorporación de material de seguridade e sinalización. Amais indicouse a situación xeralizada dun parque móbil moi envellecido cunha media de máis de dez anos e con máis de 300.000 km.
  7. A CIG reclamou a homologación da maquinaria dos centros de formación agroforestal ao ter constancia do uso de maquinaria non homologada nas visitas de prevención a algún destes centros.
  8. A CIG preguntou pola situación da base de incendios de Betanzos ao non terse cumprido o acordo do pasado comité de trasladalo a Mabegondo. A administración indica neste punto que se descartou Mabegondo por incompatibilidade de horarios e que se está estudando o uso dunha caseta na sede do propio distrito, e agarda que estea resolto en breve.
  9. A CIG pregunta pola non cobertura de vacantes dos distritos e a administración indica que non se poden cubrir todas por limitacións orzamentarias.
  10. A CIG denunciou o estado do acceso rodado que impide a circulación de utilitarios e o mal estado da caseta de vixilancia de Oribio (Samos).