1. Confirmouse que a programación de visitas de avaliación para o 2015 está feita nun 95%, quedando uns poucos centros que se avaliarán ao longo de novembro.
  2. Ábrese o prazo ata o 16 de novembro para presentar achegas á programación de visitas para o ano 2016. Neste punto desde a CIG propón que se avalíe o traballo de campo do persoal veterinario e se inclúan os centros de traballo que aínda están sen avaliar.
  3. Revisouse a accidentalidade na consellería que no primeiro semestre correspondía a 50 accidentes. O informe de sinistrabilidade presentarase no vindeiro comité.
  4. Aprobouse un documento para informar ás persoas que accedan a un posto de traballo en Medio Rural (por novo ingreso ou traslado) sobre os riscos laborais presentes no centro de traballo ao que se incorpore de novo.
  5. Deuse conta sobre a revisión do estado de saúde de dous traballadores da consellería, instado polo propio Comité.
  6. Informouse sobre o estado do traslado da oficina do distrito de O Ceao en Lugo, derivado da denuncia feita pola CIG ante Inspección de Traballo.
  7. Desde a CIG solicitamos botiquíns específicos para os distintos centros de traballo e indícasenos que tan só é posible incluír o contido mínimo establecido pola normativa. Existe un modelo en web.riscos para solicitar reposición de botiquíns.
  8. Deuse conta das actuacións desenvolvidas no LASAPAGA tras a insitencia da CIG e a avaliación dos postos de traballo pola exposición a axentes químicos e canceríxenos e do plan de acción para correxir as deficiencias detectadas. A información detallada deste punto está accesible no propio centro de traballo ou a través dos/as delegados/as de prevención.
  9. Aprobáronse as avaliacións de riscos dos postos de traballo adscritos aos distritos forestais que estarán dispoñibles para a súa consulta nos centros de traballo ou a través dos/as delegados/as de prevención.
  10. A CIG pregunta polo problema na recollida para lavado de determinadas prendas de traballo do persoal veterinario de campo, ao que o subdirector de gandería resposta que xa está solucionado coa empresa que o xestiona.
  11. A CIG reclama un novo comité no mes de novembro para que se traten os puntos que non se poideron abordar nesta xuntanza. Entre outros: avaliación individual dos vehículos, orde uniformes de axentes medioambientais, roupa de abrigo do persoal de campo, estado das taquillas.