Esta vez non tivemos que interpoñer unha demanda no xulgado, como fixo a CIG no mes de abril deste mesmo ano 2015, nin tivemos que ver como pasaron moitos meses dende que comezara a campaña dos docentes ata que nos tocou ao persoal laboral e funcionario de administración destinado en centros de ensino, como se a saúde de uns valera menos que a de outros.

Mediante Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 27  de novembro de 2015, autorízase a difusión da campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

É aplicable ao persoal docente e  non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Máis Info: http://www.edu.xunta.es/portal/revisionmedicaeducacion