PARTE DE CONFIRMACIÓN. Dependendo da duración:

*Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

*Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión:

• Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días
• Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días
• Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico: emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos: emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

PARTE DE ALTA. Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.

TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.

Presentación na empresa pola persoa traballadora:

* Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.
* Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.
* IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita
revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.