No DOG do 01/02/2016 publícase a resolución pola que se lle dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2016 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galiza (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Servizo de Prevención de Riscos Laborais): www.xunta.es/prevencion-de-riscos-laborais.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (de 2 de febreiro a 2 de marzo), agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Esta campaña é aplicable a todas as traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.