Como consecuencia da entrega do novo equipo de protección individual aos traballadores e traballadoras do SPDCIF, tratouse as carencias coas que conta estas prendas, en forma de protección dende os cóbados ata os puños, así como a zona das costas, que precisa máis grosor. Os ollais deberán ir máis abaixo. Aos tirantes do pantalón fáltanlle reguladores, así como o cruzado debería ser metálico.

Dende Medio Rural insisten en que a prenda é apta para o traballo a desenrolar, dado que cumpre coas normas específicas en materia de seguridade e saúde para un bombeiro forestal, non estando pola labor da súa retirada. Esperan as opinións do persoal cando teñan que facer uso da prenda nas labouras de extinción. A prenda é para o ano 2016, estando previsto establecer un Acordo Marco onde se detallarán as características técnicas precisas da nova equipación para os vindeiros anos.

A CIG expresou o seu malestar polo equipo entregado. Aínda que cumpra as normas de protección (para nós, as mínimas), aconsellará ao persoal para que non faga uso da roupa de protección entregada, xa que nin de lonxe é unha prenda protexida axeitadamente ante os riscos do lume.

3º. Máscaras antifume.

Medio Rural presenta varios modelos de mascarillas, adaptador facial máis filtros.

A CIG propuxo escoller a mascarilla MSA, con filtros de P2 ou P3 (maior protección respiratoria), moi boa flexibilidade na membrana interior, o que ocasiona unha mellor descarga do CO2. Os filtros deberán levar as cores marrón, gris, verde e negro, os cales identifican o código de aplicación en materia de protección (monóxido de carbono; amoníaco; gases e vapores orgánicos; vapores inorgánicos e outros).

4º. Acordo Marco.

Medio Rural propón establecer unhas bases de cara os vindeiros anos 2017 e 2018 en base as características técnicas (os famosos pregos) xa existentes ata agora nas diferentes prendas e outros materiais de protección individual para o persoal do SPDCIF, deste xeito aforraríase moi tempo a hora de mercar as prendas.

Neste acordo estarían incluidos pantalón e chaqueta, botas de extinción, camiseta ignífuga, mascarilla, casco, cobrecaluga e luvas.

Ao citado acordo marco haberá que engadir as alegacións que se consideren oportunas nas prendas detalladas anteriormente. Medio Rural ten previsto rematar co acordo a finais do primeiro semestre do ano 2016.

5º. Rogos e preguntas.

CIG. Preguntamos pola tardanza na formalización do contrato coas empresas adxudicatarias da equipación de protección individual do persoal do SPDCIF, que saíu publicado no DOG do 16 de Febreiro de 2016. Dita formalización de contrato asinouse transcurrido máis de 2 meses. A tardanza da formalización do contrato imposibilita igualmente a entrega da roupa de traballo.

Medio Rural respostou que a tardanza foi debido ao peche do exercicio económico do 2015 o cál imposibilitou rematar co proceso nun tempo máis curto.

Outros temas que se trataron fóra do apartado de rogos e preguntas foron os seguintes:

* Novas comunicacións. Non teñen previsto poñelas en funcionamento a curto prazo, aínda que farán probas nestes meses en algúns distritos forestais. Dispoñen dunha prórroga de 1 ano máis para continuar co sistema de comunicación actual. Próximamente convocarán ao persoal que lle asignaron as novas emisoras para impartirlles a formación axeitada. Esta formación será desenvolvida antes do verán.

* Roupa de abrigo. Nas vindeiras xuntanzas comenzaráse a tratar a nova adxudicación da roupa de abrigo.

* Vehículos axentes forestais. Non teñen previsto renovar a flota de vehículos.