• Evitar o aillamento das persoas traballadoras participantes nun incendio forestal, traballando en equipo e evitando quedarse só e incomunicado. Despréndese desta advertencia a necesidade de que como mínimo as persoas traballadoras participen na extinción en parellas (e non sós como ocorre con axentes e técnicos).
  • A Consellería de Medio Rural deberá organizar as relacións que sexan necesarias cos servizos externos, en particular en materia de primeiors auxilios, asistencia médica de urxencia e salvamento, de forma que quede garantida a rapidez e eficacia destes. Este punto concorda coa necesidade, reclamada pola CIG, de dispoñer de servizos sanitarios desplazados aos incendios forestais.
  • Cumprimento da avaliación de riscos para a seguridade e saúde  das persoas traballadoras, considerando as características dos postos de traballo existentes e das persoas traballadoras que deban desempeñalos, adoptando as medidas preventivas necesarias e prestanco especial atención á non adcripción da persoa traballadora a postos de traballo incompatibles coa súa saúde. Destaca neste punto a necesidade de revisar os protocolos para considerar os informes e antecedentes médicos das persoas traballadoras na extinción de incendios forestais. Subxace nesta advertencia a necesidade, reclamada sucesivamente pola  CIG, de contemplar unha segunda actividade para o persoal dos distritos forestais con antecedentes de saúde incompatibles coa extinción de incendios.
  • Desde a CIG, levaremos este informe e os puntos que se resaltan nel aos comités de seguridade e saúde de Medio Rural e Extinción de Incendios para que se melloren as medidas preventivas na extinción dos incendios forestais e se eviten situcións futuras como as acontecidas no accidente mortal do compañeiro Quique Casanova.