A Consellaría de Presidencia ven de publicar no DOG a resolución pola que se abre a campaña de vixiancia da saúde para o ano 2017. O ámbito de aplicación é para todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de Galicia agás o persoal que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e fundacións.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galiza: www.xunta.gal/riscos.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os medios necesarios para a inscrición.