O ultimo cambio de consellería do goberno da Xunta de Galicia unha vez serviu de excusa para incumprir a lei en materia de prevención de riscos laborais e supuxo o retraso de un ano e medio da constitución deste novo Comité de Seguridade e Saúde Laboral no que participamos as organizacións sindicais CIG, CSIF COOO e UGT e se trataron os seguintes temas:
Asumimos a Secretaría (CIG) despois de que ningún sindicato aceptara a mesma
Denuncia da CIG pola falta de convocatoria do CSSL dende o ano 2015 e o incumpremmento da encomenda do Intercentros de decembro do 2016, e irregularidade do desdobramento do CSSL en dúas partes.
Non se aproban os protocolos dos operativos Vespa velutina e Gripe aviaria xa que non se deu antes a documentación e se fixo na mesa.
Para as tarefas relacionadas coa Vespa velutina esiximos axilidade na formación específica, kits anafiláticos e probas de alerxia a himenópteros, adecuación de vehículos e todo o establecido na avaliación de riscos
Na Influenza aviaria denunciamos de novo rebaixas no material aportado ou/e a súa invalidez (mascarillas) e as revisións dos protocolos en materia de prevención de riscos xa que as medidas son insuficientes e posibilitan a trasmisión do virus ao menos a outras aves domésticas. Aínda que a administración resposta que como non é unha variante zoonótica (contaxio a humáns) acordase a súa revisión e análise para aprobación en convocatoria extraordinaria.
Deficiencias no traslado de animais nos vehículos. Recordase a carencia de locais adecuados para hixiene e cambiarse de roupa ao rematar xornada.Denunciamos a posibilidade de contaxio a outros animais ou o risco a adquirir e transmitir enfermidades diferentes no manexo de animais por falta formación preventiva e medios. Medios de transporte inadecuados e insuficientes
Proposta de medios materiais: Logo do estudo do desvencellado parque móbil a consellería propón o cambio 1/3 parte dos vehículos en propiedade do que se solicita polas ooss o reparto equitativo entre todo o persoal segundo a necesidades e funcións que tamén veñen descritas nas avaliacións de riscos.
Emisoras dixitais: Dende fin do 2016 co apagón analóxico o persoal atópase sen comunicación. Vanse licitar xa emisoras vehículos e portátiles para o persoal das Illas Atlánticas que estarán conectadas con centraliña e rede de emerxencias de Galicia. Solicitamos tamén emisoras persoais e dotación para todo o persoal que o precise. Reclamamos de novo a necesidade de teléfonos móbiles abertos e datos para o persoal campo.
Demandase roupa de traballo xa de boa calidade e coas características técnicas necesarias, recordase incumprimento convenio e acordos do CSSL anterior. Dende a CIG propuxemos o inicio da dotación por lotes comezando xa coas botas adecuadas para todo o personal de campo. Deixamos claro a igualdade en calidades e material preventivo tanto para persoal laboral e funcionario.
Insistimos tamén na precariedade preventiva nos Parques Naturais e no Parque Nacional das Illas Altlanticas.
Requírese o cumprimento da dotación obrigada de material de seguridade e organización traballo previsto no Plan de Acción 2015 e acordos do CSSL.
Dende a CIG reclamamos a unha maior axilidade nesta actividade preventiva pola cantidade de cuestións que levan un retraso inadmisible, que os riscos laborais non poden depender nin estar condicionados ao presuposto e propuxemos unha convocatoria extraordinaria do CSSL que se acorda celebrar a semana do 30 de maio e na que a administración debera dar conta dos avances comprometidos.