- Roupa de traballo ao persoal da Axencia Galega de Infraestruturas.
O vindeiro 30 de xuño formalizarase o comntrato coa empresa adxudicataria do contrato. Comprométense a entregar a nova roupa, logo da tallaxe e confeción, no menor tempo posible.
Tamén se propón a creación dunha “mesa da roupa”, para definir as características e a mellor idoneidade da roupa de traballo para unha vindeira contratación.

- Estado dos vehículos do parque móbil da AXI.
Asumen a antigüidade de TODO o parque móbil da AXI, pero que non está en servizo ningún vehículo que non teña pasada a ITV. Trasladan o compromiso de, segúndo a disponibilidade orzamentaria, e vendo as prioridade de cada parque, elaborar un contrato de adquisión de vehículos que sería presentado no último trimestre do ano.

Dende as OO.SS esiximos que que faga a renovación que abarque o maior número de vehículos posibles e, que dadas as características dos traballos a realizar, estes estean dotados de cubículos separados, é dicir, o persoal das brigadas que vaia totalmente separado das ferramentas e dos produtos que se transportan. Así mesmo, solicitamos que a rotulación dos vehículos sexa homoxénea para as catro provincias, así como actualizada.

- Tarefas de conteo de vehículos- Persoal AXI.
Logo das queixas puntuais que se recibiran por parte do persoal de conteo dos vehículos que circulan polas Vías de Alta Capacidade, trasládan que a situación actual é a de nove persoas que teñen que facer un total de 60 horas/mes, podendo facer as pausas que necesiten para evitar a fatiga visual. Na actualidade, están estudiando a posibilidade de implantar un programa informático que efectúe ese traballo.

- Rolda de intervencións.
Ante as numerosas dúbidas que plantean os compañeiros/as en caso de accidente laboral, tanto dos pasos a seguir como das coberturas da póliza de accidentes, dende a CIG solicitamos que se elabore un protocolo de actuación para estes casos, e que se envíe a todos os servizos de persoal para que lle dean traslado a todo o persoal da consellería para un mellor coñecemento e difusión.