- Programación de centros a avaliar no 2018. A proposta provisional non contemplaba a avaliación de riscos dos postos de inspectores de calidade ambiental que se inclúe, ademais vanse avaliar de novo as tarefas de campo do persoal do servizo de conservación da natureza co fin de corrixir os erros detectados. Avaliarase tamén a Piscifactoría de Carballedo.

- Vehículos. CIG, CCOO e UGT esiximos que no caso dos vehículos destinados a axentes o contrato de aluguer inclúa que o Permiso de Circulación debe levar a codificación que posibilita a instalación das luces prioritarias, recollidas nas avaliacións, requiridas por Inspección de Traballo e reflectidas na negociación da Orde de Uniformidade e distintivos das escalas de Axentes Forestais, Medioambientais e Ambientais, xa que é requisito imprescindible para a súa instalación. Sobre as necesidades para zonas de neve, quedouse en que as xefaturas territoriais asumirían o gasto dunhas cadeas para os vehículos que así o necesiten.

- Roupa para persoal de campo do Servizo de Conservación da Natureza. Enviaranse achegas ata o día 9 de febreiro e tratarase nun grupo de traballo conformado polas persoas titulares doas catro xefaturas de servizo provinciais e 4 membros das OOSS. Teñen un orzamento de 260.000€, e que esta roupa irá destinada a Peóns, Vixilantes de Recursos Naturais e Axentes Forestais/Medioambientais, quedando suxeita a entrega baixo demanda ao resto do persoal que necesitasen destes EPIs.

- Carpeta compartida, en marcha o proceso para facilitar o acceso á información continua dos membros do Comité.

- Rogos e preguntas:

- UGT preguntou polas emisoras e cando se instalarían nos vehículos. Resposta: Non poden concretar a data pero din de non tardar moito pois xa hai unha proposta de adxudicación e a Amtega xa ten o orzamento traspasado.

- CCOO preguntou de novo se se adoptou algunha medida sobre a prevención de riscos nos traballo de control cinexético e piscícola, de furtivismo, agresións e ameazas. Resposta: Non fixeron nada en absoluto. Nin sequera o que ven recollido nas medidas correctoras da avaliación de riscos, escudándose nas avaliacións que se realizaron nalgunha instalación ou Parque Natural coma é o caso do Invernadoiro. Sobre o Plan de Evacuación do P.N. das Illas Atlánticas resolven o tema con que xa vai a incluírse noPRUX, o que para nós pon de manifesto que non tiñan previsto ningunha fórmula de protección para as persoas neste caso.

- A CIG pregunta á presidenta do CSSL (A Vicesecretaria xeral técnica da CMAOT) se dende as xefaturas territoriais informaron da toma de algunha medida concreta nestes ultimo ano para a protección da seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras da consellería da que recibimos o silencio por resposta. Porén a xefa territorial de Ourense explicou as medidas que tomaron no Parque Natural do Invernadoiro logo do requirimento da Inspección por denuncia da CIG e das que faltan algunhas das mais importantes como a falla de comunicación e o plan de evacuación.

A CSIF un caso aparte. As intervencións do representante da CSIF neste comité adicáronse no esencial a provocar polémica entre colectivos de traballadores, validando alegacións achegadas dende asociacións profesionais ou incluso boicoteando o funcionamento áxil do comité. Para rematar a CSIF fixo unha protesta pola actuación voluntaria dos días 14,15 e 16 de outubro na vaga de lumes do persoal do servizo de conservación da natureza dos vixiantes dos recursos naturais querendo entrever que houbo incluso compensacións a outros colectivos. Unha protesta que baseou en rumores e supostos erróneos coa única intención de romper o funcionamento do comité polo que a CIG, CCOO e UGT reprobamos e solicitamos á CSIF que volte á cordura e a profesionalidade na defensa da seguridade e saúde dos traballadores desta consellería.

Para CIG, CCOO e UGT é lamentable que un representante dos traballadores faga estas acusacións tan graves dun xeito tan pouco serio, sen achegar datos concretos nin identificar de forma clara cando e onde foron esas situacións de risco, que el dixo que existiran, para o persoal laboral de conservación. Resulta indignante que se intente desvirtuar a colaboración que nese día fixo o persoal de Conservación co SPDCIF, e si algún traballador/a recibiu unha orde directa pola que o puxera en perigo intencionadamente a súa vida que o denuncie con datos concretos ante calquera dos delegados sindicais ou con escrito dirixido ao Comité de Seguridade de Medio Ambiente, xa que este é un tema moi grave como para basearse en rumores.

A xuntanza pechouse coa indignación de todos os presentes polo último punto tratado, queda previsto que a vindeira sexa antes do 2 de abril.