O día 4 de febreiro comezou a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2010, polo que xa está aberto  o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración Xeral da Xunta de Galicia. No DOG do día 3 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A solicitude farase de xeito telemático, a través da páxina web do Servizo de Prevención de Riscos, picando na ligazón habilitada na marxe dereita (petición de recoñecemento médico anual). O prazo para poder solicitalos remata o vindeiro 4 de abril.