Logo dun ano e medio e varios requirimentos de inspección de traballo e a presión das organización sindicais podemos destacar o seguinte :

  • Xa está listo o Plan preventivo dos vehículos no que se realizará un expediente de cada vehículo con revisións periodicas cunha enquisa na que se avalían cuestions coma seguridade, ergonomía e hixiene (traslado de animais, productos químicos..) caixas de auxilios e extintores. Esta enquisa de avalición farase ao menos antes e despois da campaña de verñán, logo dunha actividade de alto risco ou oogo taller por averia ou modificación. Nesta enquisa o resultado dalguns items desembocan na paralización do uso do vehículo. Esperemos que se comece a aplicar en toda Galiza na maior brevidade posible.
  • O Plan de limpeza esta aínda sen elaborar a pesar do requirimento da inspección. Dende a CIG vemos imprescindible un protocolo específico e a informacion (ficha) e formacion preventiva ao persoal que traballa con animais ou produtos quimicos. 
  • Requirido pola inspección de traballo un plan formativo o que se propón dende a Xunta é de risa xa que a única acción formativa prevista pola Xunta é un curso para 20 prazas na ASGAP de conducción de vehiculos todoterreo, para as dúas consellerias. Inadmisible tendo en conta a que todo o persoal que traballa conducindo no monte debera ter esa formación preventiva previa a actividade. A administracion recoñece a escaseza e lentitude que supon a formacion pero non presenta alternativas concretas. UGT solicita continuidade deste curso ao longo do tempo e nós unha vez mais CIG solicitamos a descentralizacion formativa por distrito ou provincias, para que todolos traballadores asistan sen discriminacions por categorías ou localidade, e recordamos que debe ser en tempo de traballo e medios da xunta como indica a lei de prevencion de riscos laborais.
  • Por fin a inspectora danos a razón sobre a necesidade (lóxica) da análise previa a adquisición de vehiculos dos pregos de condicions técnicas para que se axusten as tarefas e que cumplan as esixencias en materia de PRL.  Neste punto xurde de novo a discusión xa que Medio ambiente pechase en banda a hora de dotar aos vehiculos da posicbilidade da iluminacion V1( rotativos azuis prioritarios) torcendo o acordado no seo do CSSL o que supon un novo paso atrás.  A negativa basease en que a vicesecretaria xeral considera que as únicas funcions de emerxencia que se realizan son as de incendios.
  • Medio rural si que manifesta que vai por rotativos de emerxencias en todos os vehículos.

Como conclusión,  a inspectora de traballo di que non vai facer novos requirimentos porque cosidera "encamiñadas ainda que non rematadas" as cuestións en relación o tratamento dos vehiculos como lugares de traballo RD1215, ve avances pero abronca as cónsellerias e insta as ooss a seguir denunciando se este traballo se paraliza ou non se continua con dilixencia.

Ademais tratamos o material que se transporta no vehículo e o seu estibado, do que se destacamos:

  • Hai que desbotar omaterial caducado ou que xa non se emprega ou non é adecuado, e ollo co formol que esta declarado  axente cancerixeno dende o ano pasado. 
  • Dende a CIG solicitamos que se comunicara ao personal por medio dunha circular e se realice a conveniente recollida para a súa correcta eliminacion. 
  • Non debemos aceptar productos insecticidas, fitocidas, conservantes, biocidas, desinfectantes sen envase orixinal e sen ficha de seguridade.
  • Os animais hai que transportalos en lugares adecuados que permitan a sua desinfección (tanto os vivos como os mortos) e nunca no habitáculo e seguir o plan de limpeza e desinfección logo de cada traslado.

Contigo e coa CIG, a loita continúa!