Aínda que no grupo de traballo se vai a elaborar un prego completo de prendas para todo o persoal, laboral e funcionario, xa nos avisaron de que logo virán coas rebaixas dende a Secretaría Xeral xa que o orzamento é ridículo: 260.000 euros para todo o persoal.

Avances da primeira xuntanza do grupo de traballo de roupa:

  • Criterios de calidade iguais para todo o persoal,características de roupa técnica tipo de “montaña”, pezas a definir (non o numero que depende do orzamento), e xa fixemos un primeiro repaso a cada unha das pezas básicas nas que quedaron claras as condicións de calidade e protección desexadas de xeito unánime.
  • A partir de aquí elaborarase un borrador de prego que será revisado polos responsables de contratación.
  • Os axentes medioambientais teñen un Acordo de uniformidade no que se regulan as prendas e o seu numero, identificación e imaxe corporativa.. polo que, acordamos que este prego de prescricións técnicas se adapte a dito acordo e así non deixar fóra de dotacións a estes compañeiros e que teñan concordancia co resto da escala que esta na consellería de Medio Rural.
  • Dende a CIG solicitamos a maior definición posible neste prego das características técnicas das prendas e que non se rebaixe ou limiten as condicións na mesa de contratación para non repetir a mala experiencia das anteriores. Tamén pulamos pola calidade e polivalencia xa que por exemplo unha prenda altamente transpirable pode ser portada con maior rango climático e, é mellor unha prenda boa que tres malas..

Os EPIS complementarios para tarefas ou zonas determinadas (embarcacións, alta montaña, pesca eléctrica...) recorda que teñen que ser solicitados específicamente nos servizos provinciais xa que son as xefaturas territoriais as responsables da dotación.

Non tes EPI? Solicítao perante a túa xefatura. Traballa protexida, traballa mellor...

Se tes calquera cuestión ponte en contactos cos teus delegados na CIG.