Polo que, debemos notificar canto antes a nosa xefatura do accidente, asegurar a proba (mensaxe, Kronos), e empregar o modo e percorrido habitual para os desprazamentos in itinere.

2. Procedemento para a identificación e valoración dos riscos sicosociais na avalición xeral de riscos dos centros. Levamos anos pedindo que se mellore e se realicen as avalicións de riscos sicosociais xa que non hai case nengunha feita de oficio nos centros da Xunta de Galiza (só se fan por denuncia). O procedemento apróbase con matices que definen a imposición da avaliación de riscos sicosociais si da enquisa ao traballador/a (web.riscos@xunta.gal) ou da visita de avalición se sospeitan problemas deste tipo nos centro de traballo. Báixase a porcentaxe de enquisas recollidas nos centros para que sexan tidas en conta do 70 ao 60% e, dáselle potestade ao persoal tecnico avaliador de facer a análise de riscos sicosociais se así o considera. Dende a CIG voltamos a insistir que se teñan en conta os riscos sicosociais nos centros onde o persoal traballe a quendas ou teña traballo nocturno.

3. Proposta de Modificación de datos e representantes dos CSSL polo cambio de consellerías ao migrar traballo de Politica Social a Economía e Industria. Aceptamos o cambio de numero de representantes en relación ao censo no que non se modifique o numero total por organización sindical, polo que en Política Social quedarian 8 delegados e no comité de Economía, Emprego e Industria 7. Quedamos pendentes de facer o nomeamento dos delegados e delegadas.

4. Dende a CIG denunciamos a mala aplicación dos protocolos de vixiancia da saúde para o persoal de campo das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o que nos parece gravísimo e pon en risco inmediato a estes traballadores, recordamos que xa foi demandado e alegado nos seus respectivos CSSL e comites de empresa e ainda asi dende o Servizo de Prevención non fixeron nada, polo que solicitamos o arranxo URXENTE en base a os riscos evidentes e as avaliacións de riscos.