Dende a CIG denunciamos como causa a carga de traballo, sexa porque non se cubren as vacantes ou polo excesivo tempo de xornada laboral. Polo que REITERAMOS a necesidade da DERROGACIÓN da devastadora Lei de medidas 2/2012 que anulou o artigo 19 do V convenio e que o persoal RECUPERE O DESCANSO COMPENSATORIO. Necesitamos a xornada semanal de 35 horas, a xubilación parcial e a xubilación anticipada. Disto non queren nin falar e o Subdirector de Persoal atrévese a contestar á CIG que tempo de traballo non é carga de traballo, aínda que o propio Servizo de Prevención introduciu este factor á corrixir nos Plans de acción preventiva.

Demandamos mellores datos para poder facer unha valoración real, por centros, consellerías e a súa vez porcentaxes de xénero e idade e determinar medidas correctoras reais o que debera ser a finalidade do informe. Aquí o Servizo de Prevención manifesta ter “dificultades” xa que non teñen os datos de persoal por consellería e so teñen dos accidentados porque os “recollen manualmente dos partes de accidente”. ISTO É INAUDITO, COMO PODEN FACER PREVENCIÓN SE NON SABEN CANTO PERSOAL HAI, NIN ONDE ESTA ?

COA CIG SOMOS MAIS FORTES, LOITAMOS POLOS NOSOS DEREITOS!