• Que o pasado luns, día 11 de decembro, durante unha actuación da Inspección de Traballo ao edificio foi cando se decidiu o cesamento da actividade no laboratorio por parte da administración. Esta inspección determinou a necesidade de paralizar a actividade non só no laboratorio senón que ampliou esta medida a outras áreas da Xefatura Territorial de Sanidade no edificio.

• Que a CIG quere manifestar a súa decidida implicación neste asunto e o seguimento que vai realizar para ver a evolución desta crise e para obrigar ao cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos, especialmente no que atinxe á paralización da actividade cando se produce un risco grave ou inminente (art. 21 da Lei 31/1995 de prevención de Riscos Laborais).

• Que a raíz das publicacións destes días nos medios de comunicación, e en concreto á constitución dun gabinete técnico por parte do delegado territorial da Xunta de Galiza en Lugo, esiximos que o persoal afectado ou susceptible de selo, estea en todo momento informado da evolución desta situación así como das decisións que se tomen.

• Que a día de hoxe o Comité de Seguridade e Saúde da Consellería de Sanidade está sen constituír e esta é unha eiva que debe de ser resolta de inmediato debido á importancia deste órgano en casos como o que nos ocupa.

• Que se debe ter en conta que aínda se descoñecen as causas desta situación polo que o feito de que algunhas persoas non teñan presentado sintomatoloxía ata o momento, non quere dicir necesariamente que non estean expostas a este “axente descoñecido do aire” polo que se debe extremar a vixilancia neste colectivo.