Solicítamos tamén a avaliación inicial do colectivo de mostreadores así como o establecemento de medidas de emerxencia.

Na Consellería de Medio Rural programaranse as avaliacións de riscos electromagnéticos e de xeito inicial a avalaición de riscos psicosociais no Distrito XVI, que se extenderá os demais distritos.

A CIG pregunta ó SPRL sí contan co número de técnicos suficientes para desenvolver estas avalicións, o que respostan que hai un técnico por provincia e outro en Servicios Centrais (técnicos do SP alleo). Estos efectivos son insuficientes dado que o número de avalicións programadas e alto e a maiores fanse os Plans de Emerxencia e visitas de seguimento.

 

Medidas de Emerxencia

Dende a CIG solicitamos que se den INSTRUCIÓNS ás consellerías para substituir ós responsables de emerxencias. Comprobamos que algúns postos están sen cubrir ben porque o titular concursou ou por baixas e outras causas.

 

  
Vixianza da saúde


Solicitamos que co fin de facilitar a vixianza da saúde, as probas específicas se fagan na mesma localidade cos recoñecementos médicos para non ter que realizar mais desplazamentos.

 

Formación en materia de prevención

A formación en materia de prevención é impartida pola EGAP e desenvolvenna os técnicos do Servizo de Prevención. Solicitamos que se adecue o contido ao número de horas impartidas.

Solicitamos ó SPRL que debido ó elevado índice de siniestrabilidade dos Peóns Forestais da Consellería de Medio Rural, se leve a cabo formación específica para este colectivo.

 

Investigación de Accidentes


A CIG solicita o SPRL que as conclusións das investigación dos accidentes, a maiores dos centros, se envíen as persoas accidentadas e se faga un seguimento da execución das medidas correctoras propostas, xa que nos consta que nalguns centros estas medidas correctoras non se executan e non se informa de delas ás persoas afectadas.

 

CSSL

A petición deste comité, o SPRL enviou un escrito as Consellerías de Sanidade e Mar, recordándolles a obriga de reunir os CSSSL.