Saúde laboral

Entre eles o persoal técnico leva mais de 10 anos sen reposición do seu EPI.

Os delegados de prevencións de riscos laborais da CIG solicitamos de novo o día 12 de decembro perante todas as xefaturas territoriais da consellería de medio ambiente e a Presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que se entregue ao seu persoal a roupa de traballo que constitúe o EPI necesario para a realización das tarefas de campo.

Así esiximos de novo que se cumpra a Lei 5/1995 de Prevención de Riscos Laborais e o Plan de Acción para Os traballadores de Campo de Conservación da Natureza (2015) en relación a roupa de traballo que lle protexa dos riscos derivados da situación, lugar e medios onde desenvolven as suas funcións e servirá de paso previo a previsible denuncia perante a inspección de traballo.

Destacar o caso do persoal técnico do Servizo de conservación da natureza leva dende o ano 2008 sen que se lle renove a roupa de traballo axeitada para o desenvolvemento das súas funcións, 10 anos tendo que mercar as súas botas e roupa de traballo. Nas xuntanzas do comité de seguridade e saúde as representantes da Consellería incluso chegaron a dicir que o persoal técnico non saía a campo para evitar incluílos nas contratas.

Para maior gravidade Comité de Seguridade e Saúde Laboral do 9 de xullo rematou un grupo de traballo no que se determinaron prendas e características técnicas necesarias para a protección dos traballadores e traballadoras de campo do persoal do Servizo de Conservación da Natureza para facer unha adquisición xeral para todo o persoal da Consellería do que non temos noticia.

Na CIG non nos imos quedar paradas ante o desprecio a saude e seguridade do persoal do servizo de conservación da natureza e estamos a preparar de novo medidas contundentes.